Federico VI de Dinamarca
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Federico VI, fillo de Cristian VII e Carlina Matilda de Hannover naceu o 28 de xaneiro de 1768 en Christiansborg. Foi rei de Dinamarca (1808-1839) e de Noruega (1808-1814), anteriormente fora rexente de Dinamarca e Noruega (1784-1808) debido os problemas psicolóxicos de seu pai.
Durante a súa rexencia, Federico levou a efecto reformas liberais co apoio do seu ministro principal Andreas Peter Bernstorff, incluÃndo a abolición da servidume en 1788 pero tivo problemas con Gran Bretaña que se traduciron en dous ataques navais británicos en 1801 e 1807. Nese ano o rei aliouse con Napoleón e tras da súa derrota tivo que ceder Noruega a Suecia de conforme ao Tratado de Kiel. Afeccionado á astronomÃa chegou a descubrir un cometa en 1832. Morreu o 3 de decembro de 1839.