Eusébio
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Eusébio | |||
---|---|---|---|
Nome completo: | Eusébio da Silva Ferreira | ||
Alcume: | 'A Panteira Negra' | ||
Data de nacemento: | 25 de xaneiro de 1942 | ||
Lugar de nacemento: | Lourenço Marques, hoxe Maputo, Mozambique | ||
Data de falecemento: | |||
Lugar de falecemento: | , | ||
Nacionalidade: | |||
Clube actual: | retirado | ||
Posición: | Dianteiro Centro | ||
Altura: | metros | ||
Partidos internacionais: | 64 con Portugal | ||
Goles: | 41 (selección) | ||
Ano do debut: | 1957 | ||
Clube do debut: | Sporting Lourenço Marques | ||
Ano do retiro: | 1978 | ||
Clube do retiro: | União Tomar |
Eusébio da Silva Ferreira, Ordem do Infante D. Henrique, Ordem do Mérito (nado o 25 de xaneiro de 1942), e coñecido coma Eusébio, é un futbolista portugués de orixe mozambicana. Está considerado coma un dos mellores xogadores de tódolos tempos, e destacaba pola súa velocidade e o seu mortífero disparo.
Foi o máximo anotador do Mundial de 1966 con nove goles, axudando a que Portugal obtivera o cuarto posto.
Ten un Balón de Ouro (1965), trofeo ao mellor xogador europeo e dúas Botas de Ouro, trofeo ao máximo anotador europeo (1968 e 1973).
Índice |
[editar] Clubes
Eusébio naceu na cidade de Lourenço Marques (hoxe Maputo, en Mozambique. Comezou a xogar ao fútbol en equipos locais, coma o Sporting Club of Lourenço Marques ata que en 1961 marcha para Portugal, fichando polo Benfica por unha cantidade de £7500. É o comezo dunha longa e prolífica carreira no conxunto da cidade lisboeta. Xa na súa primeira tempada gaña a Liga Portuguesa de Fútbol, o que lles da dereito de desputa-la Copa de Europa ao ano seguinte.
En 1962, amáis de gaña-la liga e a Copa de Portugal de Fútbol, derrotan ao Real Madrid de Ferenc Puskás e Alfredo Di Stéfano na final da Copa de Europa por 5-3, e o propio Eusebio anota dous goles.
O seu seguinte reto era a Copa Intercontinental, e aquí enfrontábanse posiblemente as dúas mellores escadras do mundo: O Benfica "de" Eusébio e o Santos "de" Pelé. Tras unha derrota por 3-2 no encontro de ida en Brasil, a remontada semellaba factible na volta no estadio da Luz en Lisboa. Mais Pelé fixo aquí unha das súas mellores actuacións e o Santos arrasou ó Benfica.
En 1965 é galardoado co Balón de Ouro, premio outorgado ao mellor xogador europeo do ano. En 1968 convértese no primeiro gañador da recén inagurada Bota de Ouro, que premia ao máximo anotador europeo. Repetiría cinco anos despois. En canto á Liga Portuguesa, entre os anos 1964 e 1973 foi o máximo anotador da competición.
En total coa camisola do Benfica, segundo a FIFA, anotou 727 goles en 715 encontros, [1] A IFFHS recoñece 342 goles en 373 encontros de liga entre 1960 e 1977 "The World's most successful Top Division Goal Scorers of all time".
Xa perto do fin da súa carreira marcha á E.E.U.U. para xogar na North American Soccer League. Alí fica por tres anos e xoga para tres escadras, Boston Minutemen (1975), Toronto Metros-Croatia (1976) e Las Vegas Quicksilver (1977). Este mesmo ano participa en dez encontros co CF Monterrey la Liga Mexicana de Fútbol.
De volta a Portugal ficha polo SC Beira-Mar, e o União de Tomar da segunda división.
En 1978 remata a súa carreira coma futbolista.
- 1957-1960 : Sporting Club of Lourenço Marques
- 1960-1975 : Benfica
- 1975-1976 : Boston Minutemen
- 1976 : CF Monterrey
- 1976-1977 : Boston Minutemen
- 1977 : Toronto Blizzards
- 1977 : Las Vegas Quicksilver
- 1978 : SC Beira-Mar
- 1978 : União de Tomar
[editar] Selección
Eusébio foi o máximo anotador da selección portuguesa con 41 goles en 64 encontros ata que Pauleta o superou o [[12 de outubro[]] de 2005 nun encontro contra Lituania.
Fixo a súa estrea coa camisola nacional o 19 de outubro de 1961, contra Luxemburgo, encontro que rematou en derrota para a selección portuguesa por 2-4.
O seu maior éxito foi o cuarto posto no mundial de Inglaterra '66. Rematou coma máximo anotador do torneo con nove goles. Destacou especialmente nos cuartos de final, cando tras ir perdendo por 0-3 contra Corea no Norte fixo catro goles e remataron gañando por 5-3.
Xogou o seu derradeiro encontro coa camisola portuguesa o 19 de outubro de 1973 contra a Bulgaria, que rematou en empate, 2-2.
[editar] Titulos
Internacional
- 1966: Copa do Mundo 3º posto
Clubes
- 1961: Liga Portugesa de Fútbol, Copa de Europa, Subcampión da Copa Intercontinental
- 1962: Copa de Europa, Copa de Portugal, Subcampión da Copa Intercontinental
- 1963: Liga Portugesa de Fútbol, Subcampión da Copa de Europa
- 1964: Liga Portugesa de Fútbol, Copa de Portugal
- 1965: Liga Portugesa de Fútbol, Subcampión da Copa de Europa
- 1967: Liga Portugesa de Fútbol
- 1968: Liga Portugesa de Fútbol, Subcampión da Copa de Europa
- 1969: Liga Portugesa de Fútbol e Copa de Portugal
- 1970: Copa de Portugal
- 1971: Liga Portugesa de Fútbol
- 1972: Liga Portugesa de Fútbol, Copa de Portugal
- 1973: Liga Portugesa de Fútbol
- 1974: Liga Portugesa de Fútbol
- 1976: Liga Mexicana de fútbol
- 1976: Campión da NASL
Individual
- 1962: Balón de Prata
- 1964: Máximo anotador da Liga Portuguesa
- 1965: Balón de Ouro, Máximo anotador da Liga Portuguesa
- 1966: Bota de Ouro do Mundial de Fútbol, Balón de Prata, Máximo anotador da Liga Portuguesa
- 1967: Máximo anotador da Liga Portuguesa
- 1968: Bota de Ouro, Máximo anotador da Liga Portuguesa
- 1970: Futbolista Portugués do Ano, Máximo anotador da Liga Portuguesa
- 1973: Bota de Ouro, Futbolista Portugués do Ano, Máximo anotador da Liga Portuguesa
- 1999: 10º na lista dos mellores xogadores do século segundo World Soccer
- 1999: 9º na lista da IFFHS xogador no século
- 2004: 7º na lista da 50 Aniversario da UEFA
[editar] Referenzas
- ↑ Tal coma indica no seu artigo (en alemán): Eusebio - Der "Schwarze Panther" aus Portugal wird 60.
[editar] Ligazóns externas (en inglés)
- World Cup classic players - Eusebio - fifaworldcup.yahoo.com - FIFA
- UEFA.com - Portugal's Golden Player
- Eusébio Ferreira da Silva - Goals in International Matches - rsssf.com - by José Luis Pierrend, RSSSF, 2005.