Estricnina
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Número CAS |
PubChem |
Fórmula química | C21H22N2O2 |
Peso molecular | 334.41 g/mol |
Metabolismo | |
Excreción | |
Estado legal |
A estricnina é un alcaloide cristalino moi tóxico. Foi moi usado como pesticida, principalmente para matar ratos. Porén, debido a sua alta toxicidade, non só en ratos, senón tamén en vários animais (incluindo o home), seu uso está proibido en moitos países.
É praticamente insolúbel en auga e pouco solúbel a disolventes orgánicos. Os estudos mostran que a DL50 oral en ratos varia entre 2,2 e 5,8 mg/kg en femias e entre 6,4 e 14 mg/kg en machos. A DL50 cutánea é de mais de 2.000 mg/kg.
A fonte mais comun desta substáncia é a semente de árbores da espécie Nux vomica, nativa de Sri Lanka, Australia e India. A estricnina é tamén unha das substáncias mais amargas que existen. O seu sabor é perceptíbel en concentracións da orden de 1 ppm. A estricnina decomponse rapidamente no solo, sendo pouco provábel que contamine a auga. Porén, pode ser inalada na forma de pó. Tamén existe o risco dun incéndio en locais onde haxa compostos con estricnina e pode xerar vapores venenosos. A absorción pola pel causa reacións tóxicas, porén o maior risco está na inxestión; canto menor sexa a dose inxerida do veneno, mais rápida é a morte[Cómpre referencia].
Non existe evidéncia de que a exposición crónica a estricnina produza cáncer, mutacións, alteracións reprodutivas ou anomalias no crecemento. Porén, os seus efeitos a curto prazo son graves. Pode haber convulsións iniciais violentas, mas frecuentemente os primeiros sintomas son ansiedade, temor, movementos bruscos, reflexos esaxerados, rixidez dos músculos da perna e do rostro e vómitos. Entre 10 e 20 minutos despois da inxestión, os músculos do corpo comezan a ter espasmos, iniciando coa cabeza e o pescozo. Os espasmos entón alastranse para todos os músculos do corpo, con convulsións case continuas, que apioran co menor dos estímulos. A morte ocorre por asfixia causada pola paralise do sistema de control da respiración do sistema nervoso central, ou por agotamento debido ás convulsións. Nese momento, o corpo endurece imediatamente, mesmo no medio dunha convulsión, debido ao rigor mortis.
O tratamento inclue a aplicación de diazepam intravenoso, para controlar as convulsións, e o uso de carbón ativado. A substáncia é metabolizada no fígado e ten unha vida media de 10 horas en humanos. Polo tanto, se o paciente sobrevive 24 horas despois da inxestión, a recuperación é case segura.
Pequenas doses de estricnina eran utilizadas como laxante ou para tratamento de outros problemas estomacais. Ese tipo de tratamento foi abandonado co advento de alternativas mais seguras.
[editar] Mecanismo de ación
Nas sinapses do sistema nervioso central existen dous tipos distintos de receptor. A ligazón en receptores estimulatórios aumenta a chance de transmitir un sinal, encuanto a ligazón en receptores inibitórios reduce esa chance. Os receptores de glicina son os principais receptores inibitórios, particularmente na medula espinal. A estricnina age bloqueando eses receptores. O resultado é un aumento da transmisión de sinais nervosos, especialmente em arco-reflexos, que normalmente serian controlados pola ación da glicina neses receptores. Asi, o menor dos estímulos sensoriais causa unha grande contración muscular.