Estado do Paraná, Brasil
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
|||
Capital: | Curitiba | ||
Área: | 199.709 Km² | ||
Poboación: -Densidade demográfica |
10.261.856 (2005) 51,34/Km² |
||
Fuso horario: | GMT-3 | ||
Gobernador: | Roberto Requião | ||
Estado no Brasil | |||
---|---|---|---|
O Paraná é un estado brasileiro que se sitúa na Rexión Sur do país. Ten como límites o estado de São Paulo (a norte e noreste), o Océano Atlántico (a este), Santa Catarina (a sur), Arxentina (suroeste), Paraguai (a oeste) e Mato Groso do Sur (a noroeste). Ocupa unha área de 199.709 km².
A súa capital é Curitiba. As súas cidades máis poboadas son Curitiba, Londrina, Maringá, Ponta Grossa, Foz do Iguaçu, Cascavel e Guarapuava.
Índice |
[editar] Xeografía
O estado de Paraná ocupa unha superficie de 199.880 km², estendéndose dende as costas do litoral ata o interior do país, localizándose a 51º00'00" de lonxitude Oeste e a 24º00'00" de latitude Sur e no fuso horario de -3 horas en relación á Greenwich. Tres cuartos do territorio atópanse por baixo do Trópico de Capricornio. É bañado polo Océano Atlántico.
[editar] Relevo
Uns 52% da superficie do estado atópase por encima dos 600 metros sobre o nivel do mar; uns 89% do total da superficie están por encima dos 300 metros; e soamente uns 3% están por baixo dos 200 metros de altitude. O relevo é plano e levemente ondulado, con fortes elevacións na Serra do Mar. Ese relevo está formado por unha forte depresión no litoral, planaltos no interior e depresión no centro do estado.
[editar] Economía
A economia do Estado basease nunha moderna agricultura (cana de zucre, millo, soxa, trigo, café, mandioca), na indústria (alimentos, papel e celulose, automóbil) e na extracción vexetal (madeira e erva-mate). Na fronteira do estado co Paraguai está a usina hidroeléctrica de Itaipu, unha das máis grandes do mundo en capacidade de xerar electricidade. A enerxía producida en Itaipú alimenta as industrias e cidades do estado e tamén de estados veciños, principalmente o estado de Sao Paulo.
[editar] Ligazóns externas
- Goberno do Estado do Paraná en portugués