Estado Libre de Fiume
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Esta páxina refírese ó periodo histórico posterior á Primeira guerra mundial na que a cidade de Rijeka, ou Fiume fora un estado independente. Para a información sobre a cidade moderna de Fiume ver Rijeka.
O Estado libre de Fiume (Croata: Slobodna Država Rijeka, Italiano: Stato libero di Fiume, cómpre dicir que tanto Fiume como Rijeka significan río en galego) foi un estado independente que existiu en Fiume (actual Rijeka) entre 1920 e 1924. A cidade sitúase sobre a costa do mar Adriático. Orixinariamente porto de Hungría, Fiume foi obxecto de desputas territoriais entre Italia e Iugoslavia trala Primeira Guerra Mundial.
En 1919, un exército italiano —composto por militares de baixo rango e paramilitares ás ordes do ditador e poeta italiano Gabriele d'Annunzio— ocupou a cidade establecéndoa como Estado soberano desde 1920 a 1924 (a chamada Rexencia italiana de Carnaro). Co ascenso de Mussolini ó poder, tralo golpe de 1922, o Estado libre de Fiume foi ocupado por tropas fascistas. Dous anos máis tarde, a cidade foi anexada a Italia e o territorio adxacente pasou a formar parte de Iugoslavia polo Tratado de Rapallo.
Fiume padeceu un intenso bombardeo por parte dos aliados durante a Segunda Guerra Mundial. Co retiro de Italia do Eixo, as tropas alemanas ocuparon a cidade. O 3 de maio de 1945, os partisáns iugoslavos liberaron Fiume da ocupación nazi. Finalmente, en 1947, a cidade foi cedida a Iugoslavia tralo Tratado de París e a poboación de orixe italiano foi evacuada. A partir de entón, Fiume pasou a ser a cidade iugoslava de Rijeka no que actualmente é Croacia.