See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Escritura tartésica - Wikipedia

Escritura tartésica

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Unha das propostas de signario tartésico. Adaptado de Rodríguez Ramos 2000
Unha das propostas de signario tartésico. Adaptado de Rodríguez Ramos 2000
Fonte Velha (Bensafrim, Lagos)
Fonte Velha (Bensafrim, Lagos)
Herdade da Abobada (Almodôvar)
Herdade da Abobada (Almodôvar)

A escritura tartésica, tamén coñecida como do sudoeste (sudoccidental) da península ibérica e como sudlusitana, é unha escritura paleohispánica moi similar, tanto pola forma dos signos como polo valor que os signos representan, á escritura ibérica suroriental, pero a diferenza desta, que expresa lingua ibérica, a escritura tartésica expresa unha lingua que non puido aínda ser relacionada con ningunha outra. Sobre a orixe das escrituras paleohispánicas non hai consenso: para algúns investigadores a súa orixe esta directa e unicamente vinculado ao alfabeto fenicio, mentres que para outros na súa creación tamén influiría o alfabeto grego.

A diferenza das outras escrituras paleohispánicas, esta escritura e a lingua que expresa non teñen unha denominación consensuada. A denominación máis neutra é a de escritura do sudoeste da península ibérica, posto que só fai referencia á localización xeográfica das inscricións que usan esta escritura no cuadrante sudoccidental da península ibérica. Pero a denominación máis popular é a de escritura tartésica, aínda que non é unha denominación precisa, posto que as inscricións que usan esta escritura só aparecen marxinalmente no territorio no que as fontes clásicas sitúan o reino de Tartessos e, en cambio, concéntranse no territorio que as fontes clásicas atribúen aos conios. Unha terceira denominación é escritura sudlusitana, que fai referencia á súa posición xeográfica relativa respecto do territorio dos lusitanos.

Como o resto de escrituras paleohispánicas, esta escritura presenta signos con valor silábico, para as oclusivas, e signos con valor alfabético, para o resto de consoantes e vogais. A partir do punto de vista da clasificación dos sistemas de escritura non é nin un alfabeto nin un silabario, senón unha escritura mixta que se identifica normalmente como semisilabario. Aínda que a característica distintiva desta escritura é a sistemática redundancia vocálica dos signos silábicos, fenómeno que nas outras escrituras paleohispánicas é residual. Este fenómeno foi descuberto por Ulrich Schmoll e permite clasificar a maior parte dos signos desta escritura en silábicos, vocálicos e consonánticos. Aínda así, o seu desciframento aínda non se pode dar por fechado, posto que non hai consenso entre os diferentes investigadores que fixeron propostas concretas.

Esta escritura escríbese moi maioritariamente de dereita a esquerda e o seu ámbito de uso é o cuadrante sudoccidental da península ibérica: fundamentalmente no Algarve e no Baixo Alentexo e residualmente en Andalucía occidental e Estremadura. Practicamente o único soporte sobre o que aparece son grandes lousas de pedra, preto dun centenar. O tipo de soporte e o feito de que practicamente todas apareceron fóra de contexto, impide precisar excesivamente a súa cronoloxía, aínda que, polos escasos exemplares que presentan algunha restrición cronolóxica, parece que deberían de ser do século –V ou anteriores. Aínda así, tradicionalmente se lles atribúe unha antigüidade que as podería facer remontar ata o século –VII, hipóteses que, de se confirmaren, a convertería na escritura paleohispánica máis antiga.

[editar] Véxase tamén

[editar] Bibliografía

  • Correa, José Antonio (1996): «La epigrafía del sudoeste: estado de la cuestión», La Hispania prerromana, pp. 65-75.
  • Correia, Virgílio-Hipólito (1996): «A escrita pré-romana do Sudoeste peninsular», De Ulisses a Viriato: o primeiro milenio a.c., pp.88-94
  • Guerra, Amilcar (2002): «Novos monumentos epigrafados com escrita do Sudoeste da vertente setentrional da Serra do Caldeirão», Revista portuguesa de arqueologia 5-2, pp. 219-231.
  • Hoz, Javier de (1985): «El origen de la escritura del S.O.», Actas del III coloquio sobre lenguas y culturas paleohispánicas, pp. 423-464.
  • Rodríguez Ramos, Jesús (2000): «La lectura de las inscripciones sudlusitano-tartesias», Faventia 22/1, pp. 21-48.
  • Schmoll, Ulrich (1961) : Die sudlusitanischen Inschriften, Wiesbaden.
  • Untermann, Jürgen (1997): Monumenta Linguarum Hispanicarum. IV Die tartessischen, keltiberischen und lusitanischen Inschriften, Wiesbaden.

[editar] Ligazóns externas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -