See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Entalpía - Wikipedia

Entalpía

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

A entalpía, (simbolizada como H, tamén chamada contido de calor) é a suma da enerxía interna da materia, e o produto do seu volume multiplicado pola presión. A entalpía é unha función de estado cuantificable; a entalpía total dun sistema non pode ser medida directamente, en cambio a variación de entalpía dun sistema si pode ser medida. A entalpía pódese aplicar unicamente a corpos a presión constante.


[editar] Ecuacións

A entalpía defínese mediante a seguinte ecuación:


H = U + PV \,\!


Onde:

• U é a enerxía interna.

• P é a presión do sistema.

• V é o volume do sistema.

A entalpía total dun sistema non pode ser medida directamente; a variación de entalpía dun sistema si que pode ser medida en cambio. A variación de entalpía defínese mediante a seguinte ecuación:

\Delta H = H_{final} - H_{inicial} \,\!


• ΔH é a variación de entalpía.

• Hfinal é a entalpía final do sistema. Nunha reacción química, Hfinal é a entalpía dos produtos.

• Hinicial é a entalpía inicial do sistema. Nunha reacción química, Hinicial é a entalpía dos reactivos.

A maior utilidade da entalpía obtense cando se analizan reaccións que incrementan o volume do sistema cando a presión se mantén constante, provocando que se realice un traballo mecánico sobre a contorna e unha perda de enerxía. E inversamente en reaccións que causan unha redución no volume debido a que a contorna realiza un traballo sobre o sistema e prodúcese un incremento na enerxía interna do sistema.

Neste caso, a variación de entalpía pódese expresar do seguinte modo:

DH = DU + P DV

Onde D pode indicar unha variación infinitesimal (a miúdo denotada como "d") ou unha diferenza finita (a miúdo denotada como "Δ"). Sen importar se a presión externa é constante, a variación infinitesimal da entalpía obedece a:

dH = T dS + V dP

a condición de que o único traballo realizado sexa a través dun cambio de volume. Posto que a expresión T dS sempre representa unha transferencia de calor, ten sentido tratar a entalpía como unha medida da calor total do sistema, a condición de que a presión se manteña constante; isto explica a expresión “contido de calor”.

A entalpía é a cantidade de calor que cede ou gaña unha sustancia cando o proceso ten lugar a presión constante.

Para unha reacción exotérmica a presión constante, o sistema cede calor e a variación de entalpía do sistema, ΔH, é menor que cero. De xeito similar, para unha reacción endotérmica, o sistema absorbe calor e a variación de entalpía do sistema, ΔH, é maior que cero.

[editar] Entalpía estándar ou normal

A variación da entalpía estándar da reacción (denotada como Hº) é a variación de entalpía que ocorre nun sistema cando unha unidade equivalente de materia transfórmase mediante unha reacción química baixo condicións estándar.

Unha variación da entalpía estándar común é a variación da entalpía estándar de formación, que foi determinada para unha gran cantidade de sustancias. A variación de entalpía de calquera reacción baixo non importa que condicións pódese calcular, obténdose a variación de entalpía de formación de todos os reactivos e produtos. Outras reaccións con variacións de entalpía estándar son a combustión (variación da entalpía estándar de combustión) e a neutralización (variación da entalpía estándar de neutralización).


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -