Emi Koussi
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Monte Camerún - Fako | |
---|---|
Altitude | 3.445 m |
Latitude | 19º 47' 36 N |
Lonxitude | 18º 33' 06 O |
Rexión | Chad |
Montaña | Montes Tibesti |
Primeiro ascenso | 1938 |
Tipo de volcán | Volcán de escudo, activo |
O Emi Koussi é un volcán escudo sito no norte do Chad, no Sahara central, e na parte sur do Montes Tibesti. É a maior elevación do Chad e mesmo de todo o Sahara, cunha altura de 3.445 metros s.n.m., erguéndose uns 2.300 metros sobre das chairas circundantes. Outros volcáns cercanos forman tamén parte do Tibesti.
[editar] Características
A base do volcán acada unha área de 60 x 80 km. Na cima contén dúas caldeiras; a exterior ten un tamaño de 12 x 15 km, e dentro desta, cara o sudeste, hai outra menor de entre 2 e 3 km de ancho e 350 m de profundidade. Nas caldeiras e fora delas hai inúmeros domos de lava, conos de cinsa, maars (lagoas-cráteres) e mananciais de lava.
[editar] Outros
O Emi Koussi ten sido utilizado para explicar fenómenos de modelado volcánico semellantes aos que se observan no planeta Marte.
[editar] Ascensións
O Emi Koussi foi escalado por vez primeira, por occidentais, en 1938.