Conversa Modelo:Em comparativa
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ola, atopei os datos electorais dos 7 grandes concellos galegos desde 1979 no seguinte link [Datos electorais dos concellos galegos] e neste template, só se poden incluir ata tres datos de tres partidos políticos distintos dos actuais, o problema radica en que nos anos 1979 e 1983, hai polo menos ata 8 entradas distintas no caso das eleccións municipais da Coruña, como se pode ver no artigo das Eleccións municipais na Coruña onde gardei unha edición que non deixa ver tódalas entradas porque para iso precisaría que se modificara o template por alguén máis experto. Eu penso que o máis congruente, sería incluilos no template, dado que non facelo sería como reducir á historia eleitoral a que no noso país só existiron os tres partidos políticos de hoxe en día. Un saúdo e espero que o link os axude a todos. Alma 22:25, 21 agosto 2007 (UTC)
- Concordo Grazas pola ligazón, hai bastante información alí recopilada--Daniarmo 23:11, 21 agosto 2007 (UTC)
[editar] Modelo:"Em" comparativa???
Non será que alguén se pasou ao portugués cando escribiu o título do modelo? Non debera ser Modelo:En comparativa? --Toliño Fala aquí comigo 20:56, 5 febreiro 2008 (UTC)
- Hai máis dese estilo, como por exemplo {{semcat}} e {{semiw}}. Supoño que se pode mover, pero penso que dá un pouco igual. Á vosa consideración. AlberteSi, digame? 21:18, 8 febreiro 2008 (UTC)