El día de la Bestia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
El día de la Bestia | |
---|---|
Título orixinal | El día de la Bestia |
[[Imaxe:|200px| ]] |
|
Ficha técnica | |
Director | Álex de la Iglesia |
Produtor | Andrés Vicente Gómez |
Guión | Álex de la Iglesia Jorge Guerricaechevarría |
Intérpretes | Álex Angulo: Cura Armando de Razza: Cavan Santiago Segura: José María Terele Pávez: Rosario Nathalie Seseña: Mina Jaime Blanch: Toyota 1 Maria Grazia Cucinotta: Susana Gianni Ippoliti: Productor El Gran Wyoming: Novo Cavan Saturnino García: Sacerdote ancián |
Música | Battista Lena Def Con Dos |
Director de Fotografía | Flavio Martinez Labiano |
Montaxe | |
Distribuidor | |
Ano | 1995 |
Duración | 99 minutos |
País | España |
Xénero | Comedia |
Orzamento | |
Filme anterior | |
Filme seguinte | |
Ficha en IMDb |
El día de la bestia (1995) é unha película dirixida polo bilbaíno Álex de la Iglesia, que o consagrou como un dos realizadores de máis éxito do cine español ó conseguir entre outros o Premio Goya á mellor dirección. Un dos logros da película foi conquistar tanto á crítica como ó público, utilizando o xénero da chamada "comedia satánica". Unha comedia delirante á vez que unha visión apocalíptica da fin de milenio.
Índice |
[editar] Sinopse
Aviso: Esta sección pode revelar detalles da trama ou do argumento.
Un sacerdote español (Álex Angulo) cre que encontrou a mensaxe secreta do Apocalipse segundo San Xoán. Esta mensaxe consiste en que o Anticristo nacerá o 25 de decembro de 1995 en Madrid. Convencido de que debe impedir este nacemento satánico, o cura únese a un mozo afecionado ó death metal, José María (Santiago Segura), para intentar por tódolos medios encontrar o lugar de Madrid onde terá lugar o evento.
[editar] Premios
- Premio Goya ó mellor actor revelación 1995.
- Premio Goya á mellor dirección 1995.
- Gran premio do xurado no Fantastic'Arts de 1996.
[editar] Nominacións
- Premio Goya ó mellor guión orixinal 1995.
- Premio Goya á mellor interpretación masculina protagonista 1995.
- Premio Goya á mellor película 1995.
[editar] Banda sonora
Def Con Dos creou o tema principal da película. Na banda sonora tamén aparecen Ministry, Headcrash, Extremoduro, Ktulu, Negu Gorriak, Eskorbuto, The Pleasure Fuckers, Pantera, Sugar Ray, Parálisis permanente, Siniestro Total e Silmaris.