Dundee United F.C.
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Nome completo | Dundee United F.C. | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Alcume(s) | |||||||||||||||||||||||||||||||||
Fundación | 1923 | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Nome do estadio | Tannadice Park, Dundee, | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Inauguración | |||||||||||||||||||||||||||||||||
Capacidade | 14,223 | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Presidente | Eddie Thompson | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Adestrador | Craig Levein | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | División de honra | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Temp. 2006-07 | 9º | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Marca da camiseta | Hummel | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Publicidade da camiseta | Anglian | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Páxina web oficial | |||||||||||||||||||||||||||||||||
|
O Dundee United Football Club é un clube de fútbol escocés que xoga na división de honra escocesa e que ten a súa base na localidade de Dundee, ao leste do país.
O equipo recibe os alcumes de "The Terrors", mentres que os seus seareiros son "The Arabs" (os árabes) e "The Tangerines" (os mandarinas, en relación á camisola laranxa que os caracteriza, e que procede da bandeira irlandesa.
[editar] Historia
Naceu en 1909 co nome de Dundee Hibernian, pero foi refundado no 1923 xa coa denominación actual. O nome de Hibernian fai referencia a Irlanda e á base de inmigrantes católicos sobre a que se formou, ao igual ca outros clubes escoceses, coma o Celtic de Glasgow ou o Hibernian de Edimburgo. Tamén como neses casos existe un rival tradicional, formado sobre os barrios protestantes, e que se chama Dundee FC.
[editar] Méritos
División de honra - 2007-08 |
---|
Aberdeen - Celtic - Dundee United - Falkirk Gretna - Hearts - Hibernian - Inverness Kilmarnock - Motherwell - Rangers - St. Mirren |
Os principais títulos que ten conseguido este conxunto, ata a tempada 2006-2007, son:
- Semifinalista da Copa de Europa en 1984.
- Finalista da Copa da UEFA en 1987, cando perdeu contra o IFK Göteborg sueco por 1:0 e 1:1 (dobre volta, xogado o segundo partido en Escocia).
- Campión da División de honra en 1983.
- Campión da Copa escocesa en 1994.
- Campión da Copa da Liga escocesa en 1980 e en 1981.