Dorsal mesoatlántica
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Dorsal Mesoatlántica é unha dorsal oceánica que se atopa no Océano Atlántico e se extende dende os 87°N (uns 333 kilómetros ao Sur do Polo Norte) ata a illa Bouvet, 1700 kilómetros ao Norte da Antártida onde se transforma na Dorsal Atlántica-Índica onde continúa cara o Leste. A esa altura ábrese cara o oeste para formares a Dorsal Escocesa. Ao Norte de Islandia, a cadea continúa o seu camiño cara o Océano Ártico. Chegando ó Ecuador, a cordilleira queda dividida en Norte e Sur pola Fosa Romanche, a cal chega a acadares os 7.800 metros de profundidade. En varios puntos, a altura das montañas supera o nivel do mar, formando illas.