Diana Nogueira
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Diana Nogueira, nada en Vigo en 1976, é unha modelo, actriz e presentadora de televisión galega.
Estudiou Anatomía Patolóxica ata que a súa vida trocou radicalmente a raíz de presentarse a Miss España en 1999. Non gañou o concurso, pero foi a elexida para representar a España en Miss Universo xa que Miss España era menor de idade, e conseguiu quedar como segunda dama de honor de Miss Universo 1999.
Ao voltar do certame contratarona para copresentar durante una tempada o programa musical Luar para a TVG.
En xullo de 2001, substituíu, xunto a Yolanda Vázquez, a Paloma Ferre na condución do programa "Historias de hoy".
Presentou o programa de actuacións musicais "Gran Verbena" en TVG na tempada 2003-04.
Actualmente forma parte do plantel de actores da serie da TVG Libro de familia.