Dez
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
10 | |||
Cardinal | Dez | ||
Ordinal | décimo | ||
Propiedades matemáticas | |||
Factorización | 2 × 5 | ||
Función totiente | φ(10) = 4 | ||
Número de divisores | τ(10) = 4 | ||
Suma dos divisores | σ(10) = 18 | ||
Conta de primos | π(10) = 4 | ||
Función de Möbius | μ(10) = 1 | ||
Función de Mertens | ‘‘M’‘(10) = -1 | ||
Outros sistemas de numeración | |||
Sistema binario |
1010 |
||
Sistema octal | 12 | ||
Sistema duodecimal | A | ||
Sistema hexadecimal | A | ||
Numeración romana | X | ||
Numeración exipcia |
|
||
Numeración grega | Δ | ||
Numeración xónica | ι' | ||
Numeración chinesa | 十 | ||
Numeración hebraica | 'י | ||
Numeración armenia | Ժ | ||
Numeración Āryabhaṭa | ञ | ||
Numeración maia | |||
Lista de números | |||
10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 |
O dez (10) é o número natural que segue ao nove e precede ao once. Na numeración romana represéntase cun X.
O 10 é un número composto, que ten os seguintes factores propios: 1, 2 e 5. Como a suma dos seus factores é 8 < 10, trátase dun número defectivo.
O 10 é a base do sistema decimal.
O 10 é o cuarto número triangular, despois do 6 e antes do 15.
Un polígono de 10 lados recebe o nome de decágono.
O número 10 é un dos máis famosos na historia da humanidade. Moitos pobos primitivos contaban á base de utilizar os dedos das dúas mans, co que chegaban ata dez. De feito, o símbolo romano "X" para dez tiña o significado inicialmente de dúas mans cruzadas.
[editar] Simboloxía e Curiosidades
O número 10 é un dos máis antigos na historia da humanidade. Moitos pobos primitivos contaban a base de utilizar os dedos das dúas mans, co que chegaban ata dez.
A filosofía pitagórica concibía o dez como mostra da perfección e relacionábano co Ser supremo. É coñecido que xuraban por tetractis (dez) como se o fixesen polo máis sacro.
Esta magnitude contén todos os números, polo tanto considérase como número completo. No cristianismo repítese nos seguintes temas: 10 mandamentos; ofrecer dezmos a Deus; 10 lámpadas, 10 virxes, 10 talentos (expresado así nalgunhas parábolas).
Segundo a Cábala, é símbolo da Totalidade. É o Sefirot.
O 10 considérase como un símbolo do sinal de IO-Isis.
No alfabeto sacro dos hebraicos, a YOD vale 10. A YOD é a primeira letra que conforma o nome de Deus: YHVH, YESHUA. No templo de Salomón había 10 xofainas, 10 mesas e 10 candelabros.