Denominación de Orixe Valdeorras
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Denominación de Orixe Valdeorras é unha das cinco cinco zonas con denominación de orixe para os seus viños existentes en Galiza. Constituíuse en 1977.
Abarca os concellos de Larouco, Petín, O Bolo, A Rúa, Vilamartín de Valdeorras, O Barco de Valdeorras, Rubiá e Carballeda de Valdeorras.
A superficie cultivada exténdese por 1.329 hectáreas, nas que 38 adegas, con máis de 2.0000 traballadores, producen 5 millóns de litros.
A finais do século XIX importáronse vides de mencía de Burdeos, que producían un viño "do país", ácidos e de sabor áspero. A finais da década de 1980, coa revolución nos viñedos galegos, estes tamén pasaron a adquirir calidade, ao tempo que se recuperaba a uva branca godello.
[editar] Caldos destacados
- Guitián Fermentado en Barrica (A Tapada S.A.T.)
- Casal Novo (Adega O Casal S.A.T.)
- Viñaredo (Bodega Santa marta S.A.T.)
- A Coroa (Adega A Coroa S.A.T.)
- Pezas da Portela (Bodegas ValdeSil S.L.)
- Señorío de Larouco (Don Mario S.L.)
- Joaquín Rebolledo (Joaquín Rebolledo S.A.)