David Cronenberg
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
David Paul Cronenberg (Toronto, Canadá, 15 de marzo de 1943) é un actor e director de cine. É un dos principais creadores do que se denomina "horror corporal", que explora os medos humanos ante a transformación corporal e a infección. Nas súas películas, o psicolóxico é tipicamente mezclado co físico. Na primeira metade da súa carreira explorou estes temas principalmente a través do terror e a ciencia ficción, aínda que co tempo foise alonxando destes xéneros.
Índice |
[editar] Biografía
Naceu no seno dunha familia lituana e xudea en Toronto. O seu pai era xornalista e a súa nai pianista. Asistiu ó Harbord Collegiate Institute na súa mocidade e logo se graduou en literatura na Universidade de Toronto. Citou a William S. Burroughs e Vladimir Nabokov como as súas maiores influencias.
[editar] Obra
Despois de dous sketches e dúas curtametraxes de art cinema (Stereo, en branco e negro, e Crimes of the Future, en cor), Cronenberg asociouse con Ivan Reitman. O goberno canadiense financiou as películas de Cronenberg durante os anos 70. Cronenberg alternou as súas orixinais películas de horror corporal, como Shivers, con proxectos que reflexaban o seu interese nas carreiras de autos e as pandillas de motociclistas. Rabia explotou o insospeitado talento na actuación da estrela porno Marilyn Chambers (a primeira elección de Cronenberg fora unha descoñecida moza chamada Sissy Spacek). Rabia foi unha revelación coa distribución internacional e as súas dúas seguintes películas de terror gañaron un apoio máis sólido.
Durante a súa carreira, as películas de Cronenberg seguiron unha progresión definida, un movemento do mundo social á vida interior. Nas súas primeiras películas, científicos modificaban corpos humanos, o que daba lugar a unha anarquía social (como Shivers ou Rabia). No seu periodo intermedio, o caos causado polo científico é máis persoal, (The Brood, Scanners, Videodrome). No periodo máis recente é o científico o que é alterado polo seu experimento (como o remake de The Fly). Este periodo conclúe con Dead Ringers - presumiblemente a súa mellor obra - na que un par de xinecólogos xemelgos se adentran na codependencia e a adicción ás drogas. As súas películas máis recentes tenden máis hacia o psicolóxico, de cotío contrastando con realidades subxectivas e obxectivas (eXistenZ, M. Butterfly, Spider).
Cronenberg dixo que as súas películas deberían ser vistas "desde o punto de vista da enfermedade" o que identifica cos personaxes en Shivers logo de seren infectados cos parásitos anárquicos. Esta perspectiva está ilustrada en The Fly cando o heroe descubre que foi xeneticamente fusionado cun insecto. En vez de dicir "O meu telepod descompúxose", di "O meu telepod transformouse nun empalmador xenético". Enfermidade e desastre, no traballo de Cronenberg, son mellores problemas con que lidiar que os axentes de transformación persoal. Similarmente, en Crash (1996), a xente que resultou ferida en accidentes de tránsito trata de ver o seu calvario como "un fertilizante en vez dun evento destructivo". En 2006, Cronenberg manifestou que estaba molesto con Paul Haggis por elexir o mesmo nome para a súa galardonada película Crash, sentindo que no só era eticamente incorrecto, senón tamén irritante.
Aparte de The Dead Zone (1983) e The Fly (1986), Cronenberg non traballou dentro do mundo do cine comercial e de alto presuposto de Hollywood, aínda que tivo acercamentos ocasionais. N algún momento foi considerado por George Lucas como un posible director para a película Return of the Jedi, pero foi desestimado. Cronenberg tamén traballou durante case un ano nunha versión de Total Recall, pero experimentou "diferencias creativas" cos productores Dino de Laurentiis e Ronald Shusett. Unha versión diferente da película foi finalmente realizada por Paul Verhoeven. A finais dos 90 anunciouse a Cronenberg como director dunha secuela doutra película de Verhoeven, Basic Instinct, pero isto tamén fracasou. O seu traballo recente, o thriller A History of Violence (2005), é un dos de máis alto presuposto e máis masivo ata a data. Dixo que a decisión de dirixila foi influenciada por ter que aprazar o seu salario na cinta de baixo presuposto [Spider], malia ser unha das súas películas máis aclamadas pola crítica.
Cronenberg contratou a Howard Shore para compór a banda sonora na maioría das súas películas. Outros colaboradores regulares son o actor Robert Silverman, o director de arte Carol Spier, o editor de son Bryan Day, o editor Ronald Sanders, a súa irmá, a deseñadora de vestiario Denise Cronenberg, e, entre 1979 e 1988, o director de fotografía Mark Irwin.
Desde Dead Ringers (1988), Cronenberg traballou co director de fotografía Peter Suschitzky en cada unha das súas películas. Suschitzky foi tamén o director de fotografía de Star Wars Episode V: The Empire Strikes Back, e Cronenberg ten dito que o traballo de Suschitzky nesa película fixo que sexa a máis fermosa película de ciencia ficción que vira, o que foi un factor que o motivou a traballar con el en Dead Ringers.
Asociado coa lealtade que amosa ós seus colaboradores clave, Cronenberg segue a ser un cineasta canadiense incondicional, con case tódalas súas películas -incluíndo as grandes de estudio The Dead Zone e The Fly- filmadas na súa provincia natal de Ontario (excepcións notables inclúen M. Butterfly e Spider, maiormente filmadas en China e Inglaterra respectivamente). Ademais, Rabia foi filmada nos redores de Montreal). A maioría das súas películas foron polo menos parcialmente financiadas por Telefilm Canada, e Cronenberg é un partidario dos proxectos fílmicos apoiados polos gobernos, decindo "cada país necesita un sistema de fondos gubernamentais coa fin de ter un cine nacional fronte a Hollywood."
[editar] Como Actor
Cronenberg tamén apareceu como actor en películas doutros directores. A maioría dos seus papeis son cameos, como en Into The Night, To Die For, e Alias, pero nalgunha ocasión interpretou papeis principais, como en Nightbreed ou Last Night. Non interpretou ningún papel principal nas súas películas; só fixo unha breve aparición como xinecólogo en The Fly; pódese escoitar fóra de cámara como un aparcador en Crash, e tamén pode ser visto fugazmente entre a multitude de obsesos sexuais en Shivers.
En 2002 foi nomeado Oficial da Orde de Canadá.
[editar] Filmografía
- Transfer (1966) (curtametraxe)
- From the Drain (1967) (curtametraxe)
- Stereo (1969)
- Crimes of the Future (1970)
- Letter from Michelangelo (1971) (TV)
- Tourettes (1971) (TV)
- Jim Ritchie Sculptor (1971) (TV)
- In the Dirt (1972) (TV)
- Lakeshore (1972) (TV)
- Don Valley (1972) (TV)
- Scarborough Bluffs (1972) (TV)
- Fort York (1972) (TV)
- Winter Garden (1972) (TV)
- Secret Weapons (TV) (1972) (episodio da serie Programme X)
- The Victim (TV) (1975) (episodio da serie Peep Show da CBC)
- The Lie Chair (TV) (1975) episodio da serie Peep Show da CBC)
- Shivers (1975)
- The Italian Machine (TV) (1976) (episodio da serie Teleplay da CBC) aquí (RealMedia)
- Rabid (1977)
- Fast Company (1979)
- The Brood (1979)
- Scanners (1981)
- Videodrome (1983)
- The Dead Zone (1983)
- A mosca (1986)
- Faith Healer (1988) (episodio da serie Friday the 13th)
- Dead Ringers (1988)
- Regina vs Logan (199?) (episodio da serie Scales of Justice)
- Naked lunch (1991)
- Nightbreed (1990, como actor)
- M. Butterfly (1993)
- To Die For (1995, como actor)
- Crash (1996)
- Last Night (1998, como actor)
- eXistenZ (1999)
- Camera (2000) (curtametraxe)
- Jason X (2001, como actor)
- Spider (2002)
- A History of Violence (2005)
- At the Suicide of the Last Jew in the World (2007) (segmento do filme Chacun son cinéma ou Ce petit coup au coeur quand la lumière s'éteint et que le film commence)
- Eastern Promises (2007)
- Maps to the Stars (2008)
[editar] Bibliografía
[editar] Ligazóns externas
- David Cronenberg na base de datos da Internet Movie Database