Darío Villanueva
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Darío Villanueva Prieto, nado en Vilalba o 5 de xuño de 1950, é un crítico literario e profesor universitario galego, que foi reitor da Universidade de Santiago de Compostela.
[editar] Traxectoria profesional
Catedrático de Teoría da literatura e Literatura comparada da Universidade de Santiago de Compostela, é tamén crítico literario do suplemento El Cultural do diario El Mundo.
Foi secretario e posteriormente decano da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago entre 1978 e 1990. En xuño de 1994 produciuse a súa elección como reitor, á fronte dunha coalición que agrupaba os sectores do profesorado vencellados co PSdeG e co PP. En maio de 1998 foi reelixido para un segundo e último mandato de catro anos.
Predecesor: Ramón Villares |
reitor da Univ. de Santiago 1994 - 2002 |
Sucesor: Senén Barro Ameneiro |
É membro da Asociación Internacional de Hispanistas, da Sociedad Española de Literatura General y Comparada, da que na actualidade é presidente, da Asociación Española de Teoría de la literatura (ASETEL), que presidiu entre 1996 e 2001, da Sociedad Española de Semiótica e da Twentieth Century Spanish Association of America. Ademais foi profesor visitante da Escuela española de Middlebury College (Vermont) en 1987; nos outonos de 1988 e 1993 da Universidade de Colorado en Boulder, a cuxo claustro pertence desde 1989 en calidade de catedrático asistente; e entre 1989 e 1991 da Universidade de Bourgogne, en (Dijon).
[editar] Obras
- El Jarama de Sánchez Ferlosio, su estrutura y significado
- La novela lírica (1983)
- La lectura crítica de la novela
- El polen de ideas
- Teoría del realismo literario
- El futuro de las bibliotecas en la era digital
- Valle-Inclán, novelista del modernismo
- El comentario de texto narrativo: Cuento y novela
- La poética de la lectura en Quevedo
[editar] Premios e condecoracións
Darío Villanueva recibiu a Insignia de Ouro do Grupo Compostela de Universidades, a Orden Nacional al Mérito de Ecuador, en grao de oficial (2001) e a Medalla Castelao (2005). É doutor honoris causa polas universidades Nacional de San Luis Gonzaga de Ica, Ricardo Palma de Lima, Birmingham, Ciencias Empresariales y Sociales de Bos Aires, Nacional de Cuyo, Colorado e Karlstad.
Logo de tres votacións, foi nomeado académico da Real Academia Española da lingua en xullo de 2007.