Custo marxinal
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
En economía e finanzas, o custo marxinal é o cambio no custo total que xurde cando a cantidade producida cambia por unha unidade, é dicir, ao incremento do custo total que supón a produción adicional dunha unidade de un determinado ben.
Matemáticamente, a función do custo marxinal CM é expresada como a derivada da función do custo total CT con respecto á cantidade Q:
Nunha gráfica, a curva que representa a evolución do custo marxinal ten forma de parábola cóncava, debido á Lei dos rendementos decrecentes. No punto mínimo de dita curva, atópase o número de bens a producir para que os custos sexan mínimos.
En dita curva, o punto de corte coa curva de custos medios determina o óptimo de produción, punto a partires do cal obtense maior produción.