Cubismo órfico
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Orfismo ou Cubismo Órfico, foi un termo nado no ano 1912 creado polo poeta francés Guillaume Apollinaire. El utilizou o termo para chamar ás pinturas de Robert Delaunay , relacionándoas con Orfeo, o poeta e símbolo das artes , da canción e da lira na Mitoloxía Grega .O termo tamén facía referencia á muller de Delaunay , Sonia Terk e ó pintor Checo , Frantisek Kupka xunto con outros membros do ¨Puteaux Group¨.
Fundado por Jacques Villon, o Órfismo estaba relacionado co Cubismo pero diferenciábase na súa lírica abstración, vendo ás pinturas como unha sensación de cores rechamantes. O movemento influenciou a artistas como Patrick Henry Bruce e Andrew Dasburg xunto ós membros do grupo alemán Blaue Reiter e ó movemento americano e do Synchromist. O movemento é a chave da evolución do Cubismo cara a Abstración.
O Orfismo tamén está relacionado cunha antiga relixión grega nada no século 6 a. C.