Crass
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Crass foi unha banda de punk rock anarquista. Formouse en Essex, un condado no Reino Unido durante 1977. A banda disolveuse en 1984. Os membros orixinais foron Penny Rimbaud e Steve Ignorant, máis tarde axuntouse outra xente que vivía tamén na comuna Dial House. Crass realizou o seu primeiro concerto nun festival okupa en Huntley Street, no norte de Londres e pouco despois tocaron no club punk The Roxy en Covent Garden. Tamén fixeron concertos con UK subs, pero non moita xente foi mirar estes concertos. Crass lanzou o seu primeiro disco en 1978, The Feeding of the 5000, que debería ter 18 cancións, pero unha foi prohibida polo estudo onde se gravou por blasfemo e a banda decidiu lanzar o seu propio selo chamado Crass Records. Gravaron e lanzaron a canción que fora prohibida.