Cotopaxi (volcán)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Cotopaxi | |
---|---|
Volcán de Cotopaxi |
|
Elevación: | 5.897 m |
Latitude: | 0º 40'S |
Lonxitude: | 78º 26' W |
Localización: | Andes, Ecuador |
Tipo: | Estratovolcán |
Última erupción: | 1904 |
Primeira subida: | 28.11.1872 por Willeln Reis e Ángel Escobar |
O volcán de Cotopaxi localízase no Ecuador, e é un dos máis altos volcáns no mundo, sendo só sobrepasado polo Llullaillaco con 6.739 metros de altitude na fronteira entre México e Arxentina. O Cotopaxi encóntrase a uns 50 km ao Sur de Quito.
Desde 1738 xa ocorreron máis de 50 erupcións neste volcán. Ao redor do volcán encóntranse numerosos vales formados por lahars. A cidade de Latacunga xa foi completamente destruída dúas veces como resultado das erupcións deste volcán. As erupcións máis violentas ocorreron en 1744, 1768 e en 1877. A última grande erupción ocorreu en 1904, ocorrendo tamén algunha actividade en 1942.
O volcán de Cotopaxi é o segundo maior volcán activo do Ecuador, sendo o máis alto o Chimborazo. Estes son dos volcáns activos máis altos do mundo, sendo "Ojos del Salado", volcán do Chile que conta con 6.893 m de altitude, o máis alto.