Coslada
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Coslada é un municipio pertencente á Comunidade de Madrid. Pertence á comarca do Corredor do Henares e a súa proximidade a Madrid fai que se encadre no área de influencia da capital, aínda que Coslada sempre se configurou como unha cidade independente.
En Coslada está situado o Porto Seco da Comunidade de Madrid, o que a converte nun punto estratéxico. A maioría das empresas de transporte de mercancías importantes que operan en España teñen sucursal en Coslada. O outro grande activo económico de Coslada é a súa proximidade co Aeroporto Internacional de Barajas, onde traballa gran parte da súa poboación.
A poboación actual é de 91.906 habitantes (INE 2006) e o seu teito poblacional está cifrado en 130.000 habitantes, o cal probablemente alcanzará trala finalización do barrio do Jarama. Trátase dun municipio cosmopolita onde están censados máis de 15.000 estranxeiros, os cales supoñen actualmente un 12% da poboación censada.
[editar] Demografía
Evolución da poboación de: Coslada desde 1785 ata 2006 | |||||||||||
1785 | 1899 | 1960 | 1970 | 1975 | 1980 | 1992 | 1996 | 2001 | 2003 | 2004 | 2006 |
64 | 264 | 324 | 3.695 | 13.412 | 33.434 | 53.980 | 71.129 | 77.103 | 82.412 | 87.904 | 91.906 |
[editar] Cidades irmás
- San Jose de las Lajas, Cuba
- Urleta, Romanía
- , Nejapa, El Salvador
- Guardamar, España
[editar] Ligazóns externas
- Ayuntamiento de Coslada, Concello de Coslada.