Confederación Xeral do Traballo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Confederación Xeral do Traballo de España (CXT), é un sindicato de orientación anarquista que nace en 1979 da ruptura (o escisión) da CNT-AIT após a chegar a democracia representativa e o posterior proceso de reorganización e reestruturación dos sindicatos (en 1977).
[editar] Implantación
É a terceira forza sindical española en representantes sindicais a grande distancia das CCOO e a UGT, mantendo unha lixeira vantaxe sobre a Unión Sindical Obreira. Ten forte presenza en Renfe e na industria do automóbil, especialmente en SEAT, Renault, Volkswagen e Ford. Tamén destaca a súa presenza nas Administracións Públicas, nos Correos e nos sectores de Banca, Sanidade e Ensino. Conta con 5.000 delegados sindicais e membros de Comités de Empresa, 60.000 afiliados e máis de un millón de votos entre os traballadores nas eleccións sindicais.
A CXT destacou nos últimos conflitos da SEAT e na folga dos traballadores de terra de Iberia en Barcelona, alén de nas últimas movilizacións pola regulación dos traballadores inmigrantes en España.
[editar] Vexan tamén
[editar] Ligazóns externas
- Confederación Xeral do Traballo
- Confederación Xeral do Traballo da Galiza
- Estatutos da Confederación Xeral do Traballo
- Periódico Rojo y Negro, publicación dixital anarcosindicalista. Órgano de expresión da CXT.
- Confederación Xeral do Traballo da Cataluña (en catalán)
- Publicación anarcosindicalista da CXT da Cataluña (en catalán)
- Libro crítico ao sindicato titulado "CGT ¿anarcosindicalista?"
- Solidariedade Internacional Libertaria