Complemento directo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
En sintaxe chámase complemento directo (ou obxecto directo) a función que desempeña un sintagma nominal, un pronome ou unha oración subordinada substantiva que é afectada de forma directa e inmediata pola actividade do verbo: "Pedro come peras". Por iso é un complemento que é seleccionado soamente polos verbos transitivos.
[editar] Uso da preposición a
En galego, o complemento directo de cousa constrúese sempre sen preposición, e o complemento directo de persoa non acostuma levar a preposición A. No entanto, se o núcleo do sintagma nominal é un persoal (pronome persoal ou nome de persoa) ou mesmo se o complemento directo antecede ao suxeito (orde non habitual), acostuma ir precedido pola preposición a:
- "Xoana come peras"
- "Lelo matou o garda"
- "Lelo gabouno a el"
- "Non pillou ningún"
- "Os romanos derrotaron os cartaxineses", pero "Aos cartaxineses derrotáronos os romanos"
Debemos ter coidado de non poñer a preposición a, de forma semellante ao castelán, como complemento directo:
- Chamei ao médico é incorrecto, o correcto sería Chamei o médico.
[editar] O recoñecemento do complemento directo
1. Cando se trata dunha terceira persoa ou cousa, o complemento directo localízase substituíndoo polo persoal átono o, a, os ou as (e os seus alomorfos na, no, nas, nos, la, lo, las, los). Este recoñecemento nunca falla, no caso de facer ben a substitución.
-
- Xisela matou o gato > Xisela matouno
Este sistema non sempre é válido para os falantes do español, pois é frecuente que os falantes do español, ó falaren galego, incorran no castelanismo denominado lleísmo de persoa, que consiste en substituír a forma do pronome de terceira persoa para o complemento directo o/os ou a/as pola forma do pronome de terceira persoa para o complemento directo lle/lles: "*Pedro chamoulle por teléfono" por "Pedro chamouno por teléfono".
2. As máis das veces o verbo queda coxo se lle quitamos o seu complemento directo, o que facilita o seu recoñecemento:
-
- Irma dixo... ola
3. Cando a oración activa vólvese en pasiva, o complemento directo vólvese suxeito paciente.
-
-
- Activa: Mariña (suxeito axente) come peras (complemento directo).
-
-
-
- Pasiva: As peras (suxeito paciente) son comidas por Mariña (complemento axente)
-