See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Circuíto de Spa-Francorchamps - Wikipedia

Circuíto de Spa-Francorchamps

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Esquema do circuíto

O Circuíto de Spa-Francorchamps é un circuíto de carreiras semipermanente onde se disputa o Gran Premio de Bélxica de Fórmula 1 e a proba de enduro das 24 horas de Spa.

Deseñado por Jules de Their e Henri Langlois Van Ophem, o circuíto orixinal tiña 9,3 millas de extensión, e percorría as estradas que unen os poboados belgas de Francorchamps, Malmedy e Stavelot. Co paso dos anos, o trazado do circuíto foi modificado varias veces ata alcanzar os 6.973 km, seguindo unha ruta rápida e sinuosa a través das Ardennes que permite superar os 330 km/h. É o único círcuito semipermanente na Fórmula 1.

A pista caracterizouse desde as súas orixes polo impredicible das condicións meteorolóxicas, que moitas veces fan que unha parte da pista estea seca mentres no outro extremo chove en forma torrencial. Tanto pilotos como seguidores da máxima categoría adoitan mostrar a súa preferencia polo circuíto de Spa. As carreiras disputadas aquí son (na maioría dos casos) entretidas, á vez que presentan desafíos interesantes aos pilotos. Nesta pista vivíronse grandes duelos, como o de Mika Häkkinen e Michael Schumacher no ano 2000, cando o finlandés pasou ao alemán na recta de Kemmel dobrando á súa vez ao piloto brasileiro Ricardo Zonta. Ademais o circuíto foi escenario de numerosos accidentes, como o producido na saída do Gran Premio de Bélxica de 1998 na cal 13 pilotos víronse involucrados nun espectacular accidente, afortunadamente sen consecuencias.

O Raidillon, coa famosa combinación Eau Rouge ao fondo
O Raidillon, coa famosa combinación Eau Rouge ao fondo

A sección máis característica do circuíto é a combinación de Eau Rouge / Raidillon. Tras atravesar a lenta pinza de A Source, os pilotos aceleran por unha recta en baixada tras o cal deben encarar unha subida cunha serie de curvas zigzagueantes (a primeira das cales é Eau Rouge, e o resto da combinación Raidillon) que finalizan en contracurva cega. O gran desafío para todo piloto é tomar Eau Rouge co acelerador a fondo, o cal dise que se simplificou nos últimos anos debido ao uso de tecnoloxía moderna nos monoplazas. Aínda así, seguen sendo moi poucos os pilotos que a toman pisando a lume de biqueira o seu acelerador. Na parte intermedia da pista sobresaen as curvas rápidas Stavelot e Blanchemont. Ao final do cícuito atópase a famosa curva de "A parada do bus", unha chicane que antecede á recta principal.

Actualmente remodelase para recibir o Gran Premio de Bélxica deste ano. A pinza de A Source foi movida cara a fóra da pista, e a chicane de "A parada do bus" foi movida cara atrás, co fin de construír uns pits máis amplos e alargar a recta principal.

[editar] Referencias

[editar] Enlaces externos

[editar] Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Spa-Francorchamps

Ano Piloto Auto Duración Lonxitude Voltas Velocidade media Data GP de
1950 Arxentina Juan Manuel Fangio Alfa Romeo 2:47:26,000 h 14,120 km 35 177,097 km/h 18. Xunio Bélxica Belxica
1951 Italy Giuseppe Farina Alfa Romeo 2:45:46,000 h 14,120 km 36 183,989 km/h 17. Xunio
1952 Italy Alberto Ascari Ferrari 3:03:46,300 h 14,120 km 36 165,962 km/h 22. Xunio
1953 Italy Alberto Ascari Ferrari 2:48:30,300 h 14,120 km 36 180,999 km/h 21. Xunio
1954 Arxentina Juan Manuel Fangio Maserati 2:44:42,400 h 14,120 km 36 185,173 km/h 20. Xunio
1955 Arxentina Juan Manuel Fangio Mercedes-Benz 2:39:29,000 h 14,120 km 36 191,238 km/h 5. Xunio
1956 Reino Unido Peter Collins Ferrari 2:40:00,300 h 14,120 km 36 190,614 km/h 3. Xunio
1958 Reino Unido Tony Brooks Vanwall 2:37:06,300 h 14,100 km 36 209,093 km/h 15. Xunio
1960 Australia Jack Brabham Cooper-Climax 2:21:37,300 h 14,100 km 36 215,052 km/h 19. Xunio
1961 Estados Unidos de América Phil Hill Ferrari 2:03:03,800 h 14,100 km 30 206,235 km/h 18. Xunio
1962 Reino Unido Jim Clark Lotus-Climax 2:07:32,300 h 14,100 km 32 212,266 km/h 17. Xunio
1963 Reino Unido Jim Clark Lotus-Climax 2:27:47,600 h 14,100 km 32 183,175 km/h 9. Xunio
1964 Reino Unido Jim Clark Lotus-Climax 2:06:40,500 h 14,100 km 32 213,712 km/h 14. Xunio
1965 Reino Unido Jim Clark Lotus-Climax 2:23:34,800 h 14,100 km 32 188,550 km/h 13. Xunio
1966 Reino Unido John Surtees Ferrari 2:09:11,300 h 14,100 km 28 183,360 km/h 12. Xunio
1967 Estados Unidos de América Dan Gurney Eagle-Weslake 1:40:49,400 h 14,100 km 28 234,946 km/h 18. Xunio
1968 Nova Celandia Bruce McLaren McLaren-Ford 1:40:02,100 h 14,100 km 28 236,797 km/h 9. Xunio
1970 Mexico Pedro Rodriguez BRM 1:38:09,900 h 14,100 km 28 241,308 km/h 7. Xunio
1983 Francia Alain Prost Renault 1:27:11,502 h 6,949 km 40 191,275 km/h 22. Maio
1985 Brasil Ayrton Senna Lotus-Renault 1:34:19,893 h 6,940 km 43 189,811 km/h 15. Setembro
1986 Reino Unido Nigel Mansell Williams-Honda 1:27:57,925 h 6,940 km 43 203,548 km/h 25. Maio
1987 Francia Alain Prost McLaren-TAG-Porsche 1:27:03,217 h 6,940 km 43 205,680 km/h 17. Maio
1988 Brasil Ayrton Senna McLaren-Honda 1:28:00,549 h 6,940 km 43 203,447 km/h 28. Agosto
1989 Brasil Ayrton Senna McLaren-Honda 1:40:54,196 h 6,940 km 44 181,576 km/h 27. Agosto
1990 Brasil Ayrton Senna McLaren-Honda 1:26:31,997 h 6,940 km 44 211,729 km/h 26. Agosto
1991 Brasil Ayrton Senna McLaren-Honda 1:27:17,669 h 6,940 km 44 209,883 km/h 25. Agosto
1992 Germany Michael Schumacher Benetton-Ford 1:36:10,721 h 6,974 km 44 191,429 km/h 30. Agosto
1993 Reino Unido Damon Hill Williams-Renault 1:24:32,124 h 6,974 km 44 217,795 km/h 29. Agosto
1994 Reino Unido Damon Hill Williams-Renault 1:28:47,170 h 7,001 km 44 208,170 km/h 28. Agosto
1995 Germany Michael Schumacher Benetton-Renault 1:36:47,875 h 6,974 km 44 190,204 km/h 27. Agosto
1996 Germany Michael Schumacher Ferrari 1:28:15,125 h 6,968 km 44 208,443 km/h 25. Agosto
1997 Germany Michael Schumacher Ferrari 1:33:46,717 h 6,968 km 44 196,159 km/h 24. Agosto
1998 Reino Unido Damon Hill Jordan-Mugen-Honda 1:43:47,407 h 6,968 km 44 177,238 km/h 30. Agosto
1999 Reino Unido David Coulthard McLaren-Mercedes 1:25:43,057 h 6,968 km 44 214,596 km/h 29. Agosto
2000 Finlandia Mika Häkkinen McLaren-Mercedes 1:28:14,494 h 6,968 km 44 208,468 km/h 27. Agosto
2001 Germany Michael Schumacher Ferrari 1:08:05,002 h 6,968 km 36 221,050 km/h 2. Setembro
2002 Germany Michael Schumacher Ferrari 1:21:20,634 h 6,968 km 44 226,133 km/h 1. Setembro
2004 Finlandia Kimi Räikkönen McLaren-Mercedes 1:32:35,274 h 6,973 km 44 198,824 km/h 29. Agosto
2005 Finlandia Kimi Räikkönen McLaren-Mercedes 1:30:01,295 h 6,976 km 44 204,580 km/h 11. Setembro
2007 Finlandia Kimi Räikkönen Ferrari 1:20:39,066 h 7,004 km 44 229,266 km/h 16. Setembro
2008 7,004 km 44 7. Setembro

Record: M.Schumacher (6 Veces)


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -