Chuck Berry
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Chuck Berry (Saint Louis, Misuri, 18 de outubro de 1926 - ) é un compositor, intérprete e guitarrista norteamericano afroamericano de rock and roll
Perruqueiro de señoras, foi un dos pioneiros do rock and roll, na década dos 50 e 60, Berry interpretou cancións como Roll Over Beethoven, Rock and Roll Music, Route 66 de Nat King Cole, Johnny B. Goode e Maybellene que falan de liberdade, coches, rapazas e de todo aquilo que soñaba un mozo da época e que se converten en clásicos que versionarán os Rolling Stone, The Beatles, Beach Boys e Linda Ronstadt.
Rodeado un ronsel de negativo, en 1959 foi condenado por delito sexual a sete anos de prisión, despois volvería a ela por evasión de impostos.
Ganou un Grammy en 1984. En 1989 publicou a súa autobiografía e fixo popular o duck walk (paso do parrulo) durante as súas actuacións.