Christoph Gluck
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Christoph Willibald Gluck (Erasbach 1714, Viena 1787), prolífico compositor alemán de orixe xermano-bohemio.
Estrenou a súa primeira ópera, Artajerjes, en Milán no ano 1741, permanecendo en Italia ata 1745. Despois viaxou a Londres, Dresde e Viena, cidade na que estrenou Semíramis recoñecida en 1748.
Reformador da ópera, as súas primeiras innovacións son visibles no ballet Don Juan (1761) e na ópera Orfeo e Eurídice (1762). Tras un novo viaxe a Italia en 1763 regresou a Viena onde compuso Alceste e posteriormente viaxou a Parma. De volta a Viena deu leccións á arquiduquesa María Antonieta, quén máis tarde protexeríalle coma raíña de Francia.
Na ópera propuxose subordinar a música á poesía có fin de reforzar a expresión dos sentimentos, deixándoa sen adornos superfluos.
[editar] Obras
- Artajerjes (1741).
- Cleonice (1742).
- Demofoonte (1743).
- A Sofonisba (1744).
- Semíramis recoñecida (1748).
- Os chineses (1754).
- A inocencia xustificada (1755).
- O rei pastor (1756).
- A illa de Merlín (1758).
- A árbore encantada (1759).
- Don Juan (1761).
- Orfeo e Eurídice (1762).
- Alceste (1763).
- Ifigenia en Áulide (1774).