See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Chimo Bayo - Wikipedia

Chimo Bayo

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Chimo Bayo

{{{caption}}}
Información
Orixe Valencia
País España
Período 1987-
Xénero(s) EBM
Selo(s) discográfico(s)
Membros Chimo Bayo (dj, productor)
Antigos membros
Web oficial www.chimobayo.com


Chimo Bayo (Valencia, 25 de outubro de 1961) é un disc jockey, músico, productor, presentador e artista.

[editar] Biografía

Na súa mocidade foi piloto de competición de motocross. Posteriormente, como pinchadiscos, pasou dez anos mezclando música electrónica da década dos 80. O seu estilo adoita considerarse EBM ou industrial, do estilo Front 242 ou Renegade Sound Wave. A súa popularidade como pinchadiscos empezou na discoteca Arsenal de Oliva e "El Templo" (antes chamada "Paris-Texas") en Cullera.

Aínda que xa antes editara dous discos, o primeiro que acadou certa sona foi Ráyate, de 1987, no que aparecía como portada un libriño de papel de fumar. Vendeu máis de 20.000 copias. Posteriormente aparecería Ráyate 2, cun notable éxito comercial, editado coa súa compañía Raya Records (Valencia). O seu primeiro éxito foi o sinxelo "Así me gusta a mí" (1991), do que vendeu máis de 1 millón de copias por todo o mundo, chegando incluso a ser nº1 de ventas en Xapón e Israel. A cantante israelí Dana International chegou a samplear esta canción no seu éxito "Saida Sultana" en 1993.[1]

Tralo seu primeiro gran éxito, Chimo Bayo editou os sinxelos "Química" e "Bombas". Nos seus primeiros traballos participaron nas tarefas de producción Germán Bou (Boa Club) e Juan José Coll.

O seu vestiario nas súas actuacións era sempre moi extravagante, levando unha especie de armadura galáctica, en homenaxe ós seus tempos de piloto de motocross, e uns lentes de sol con luces acopladas.

Acudiu como convidado estelar ó MIDEM de Cannes (Festival Internacional das Músicas), en representación dos discjockeys e autores de música de baile españoles en 1994, chamado ese ano o MIDEM Latino.

O s seus últimos sinxelos de éxito foron "La Tía Enriqueta" e "La Tía Enriqueta Remix" (1994). O deterioro do chamado Son de Valencia e a impopularidade da coñecida como "Ruta del Bakalao" a mediados da década dos 90 acabou por marcar a fin dunha época que deixou a Chimo Bayo nun segundo plano. Realizaría traballos posteriores, como "Búscala" ou "Vamos al espacio exterior". Como empresario fundou a discoteca Planet Valencia en 1999, iniciativa que finalmente non funcionará.

A principios da década de 2000 reaparece como presentador dun late-show local, Esto se mueve, que durará ata marzo de 2006. Participa regularmente en festivais e programas de televisión. Entre as súas últimas aparicións están a súa participación noo "FEA 2005"[2], un festival que tivo lugar en Barcelona. Tamén en 2005 o cantante de rumba Azuquita realizou unha versión particular do tema Esta sí, esta no [3]. En 2006 grava un sinxelo xunto ó coñecido personaxe televisivo Dinio, titulado "Mira qué alegría (otra vez la policía)".

Recentemente foi homenaxeado pola cantante Alaska e o grupo Fangoria durante o FIB 2007[4].

O 30 de marzo de 2007 fixo unha aparición e actuación no programa de Antena 3, Buenafuente, de xira por Valencia. Actualmente pódeselle ver tódolos xoves no Café del Negrito na zona do Carmen en Valencia, onde actúa como monologista.

Da aínda vixente influencia das cancións deste autor é mostra o seu uso en algúns anuncios televisivos recentes [5].

[editar] Referencias

  1. Reproducción do video de Saida Sultana
  2. FEA 2005
  3. Azuquita - Esta sí, esta no
  4. Chimo Bayo, canonizado en el FIB por Fangoria
  5. Anuncio Atún Calvo

[editar] Ligazóns externas

Outras linguas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -