Cesáreo de Monserrat
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Cesáreo (? - 981) foi un eclesiástico catalán, fundador e primeiro abade do mosteiro de Santa Cecilia de Monserrat (944 - 981).
De orixe mozárabe, buscou refuxio en Cataluña á cabeza dun grupo de monxes, protexido pola condesa Riquilda de Barcelona, concedeulle terreo para fundar un mosteiro, dependente eclesiasticamente do bispo de Narbona. Cesáreo, enfrontado ao bispo, tentou restaurar a sé eclesiástica de Tarragona e peregrinou no ano 959 a Santiago de Compostela, para buscar a axuda do bispo de Santiago. No ano 966 os bispos galegos e leoneses recoñeron a Cesáreo como metropolitano de Tarragona, pero a decisión contou coa oposición dos bispos cataláns e do de Narbona, aínda así Cesáreo utilizou o título de arcebispo de Tarragona.