See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Castro de Borneiro - Wikipedia

Castro de Borneiro

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Castro de Borneiro

Parroquia:

Borneiro

Concello: Cabana de Bergantiños

Provincia:

A Coruña

Comunidade Autónoma:

Galicia

Cronoloxía
Datas de ocupación: séc. -VI a.C. a século I d.C.
Data da descuberta: 1924
Períodos de escavación: Anos 30
Anos 70
Anos 80
Estado actual: Escavado parcialmente e consolidado. Visita libre
Extensión estimada:  ? ha.
Véxase tamén: Castros de Galicia

O Castro de Borneiro é un poboado da Cultura Castrexa datado a finais da Idade do Bronce e que ten sido obxecto de escavacións arqueolóxicas e traballos de consolidación que permiten a súa visita.

Índice

[editar] Situación

Castro, tamén coñecido como A Cibdá, situado na parroquia de Borneiro no concello coruñés de Cabana de Bergantiños, a 500 metros da estrada LC-430 de Ponteceso a Baio.

[editar] Descrición

Foi o primeiro castro galego en ser datado cientificamente co método do Carbono 14 en Galicia. Estivo habitado entre os séculos VI a.c. e o I d.c. Nel non se observaron sinais de romanización.

A súa ubicación é un tanto atípica, nunha ladeira orientada ao leste que baixa cara un regato, a unha altura de 200 metros.

Descuberto en 1924 polo xeógrafo Isidro Parga Pondal e Pérez Bustamante, comezouse a excavar nos anos 30 por Sebastián Gonzalez García-Paz, reanudándose nos anos 70 (por Jorge Juan Eiroa) sendo na década dos 80 cando se realicen as excavacións mais senlleiras por parte de Ana Romero Masiá.

Nelas atopáronse múltiples fragmentos de cerámica indíxena, utis de bronce e ferro, muiños de pedra, fusaiolas, fíbulas, moldes de fundición ou contas de vidro, hoxe en día expostos no Museo Arqueolóxico de A Coruña.

Na actualidade presenta excavados un total de 36 construcións (case as tres cuartas partes da súa extensión total).

A acrópole está rodeada por un foxo e dous muros defensivos en todo o seu perímetro, excepto no lado leste onde a acentuada pendente do terreo actúa como defensa natural, cunha extensión de 90 metros de longo por 55 de largo.

Ademais do recinto principal hai unha zona coñecida como o "Barrio Extramuros", no lado leste, coincidindo ca entrada principal do poboado. É un conxunto formado por unha gran casa ovalada, dúas fontes con desaugadoiro e un forno circular que debeu estar cuberto cunha bóveda.

As vivendas son circulares e cuadrángulares coas esquinas redondeadas destacando o seu grande tamaño en comparación coas de outros xacementos.

A poucos quilómetros atopamos o famoso Dólmen de Dombate.

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas

Outras linguas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -