Cantidade de movemento
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A cantidade de movemento linear ou momento linear, é unha magnitude física de carácter vectorial que tivo a súa primeira definición na física clásica, coma o produto da masa pola velocidade:
O momento dun sistema é igual á suma dos momentos dos seus compoñentes.
onde
- é o momento
- mi é a masa do elemento i
- a velocidade de i
- número de elementos no sistema
A forza é igual á variación da cantidade de movemento:
- .
Se a masa e constante e a velocidade pequena comparada coa da luz, isto equivale á coñecida formulación da segunda lei de Newton .
Se un sistema está en equilibrio o seu momento linear é constante:
Na teoría da relatividade, como consecuencia da reconfiguración das relacións entre as magnitudes fundamentais que o definen, toma unha nova forma matemática na que aparecen a enerxía, a masa e máis a velocidade da luz:
- .