See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Buxo - Wikipedia

Buxo

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Atención!!! Atención: Este artigo precisa un traballo de revisión.

Por favor vexa a lista de Artigos con problemas e mellóreo de acordo coas indicacións que aparecen nesa páxina. Cando os problemas se resolvan retire esta mensaxe e borre a páxina da lista de artigos con problemas, pero por favor non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado.

Buxo
Buxo

O buxo é un arbusto de follas perennes, da familia das Buxáceas, que pode atinxir unha altura ata de 5 ou 6 metros. Produce en primavera flores axilares, abrancuxadas, de pequeno tamaño, sen interese decorativo, mais apreciadas polas abellas.

É unha planta de crecemento ás veces moi lento, que pode vivir varios séculos.

Hai dúas especies indíxenas en Europa. A primeira é Buxus balearica, ás veces chamado buxo de Mahón, atópase aínda en estado salvaxe en Andalucía nas serras de Segura e Cazorla; algúns especímenes se atopan nas Illas Baleares e Sardeña. A outra especie, mellor coñecida, é o Buxus sempervirens, que se estende desde Marrocos a Portugal e a Galiza, pasando polo Norte de España e a Franza, ata Alemaña, Inglaterra, Luxemburgo e Suíza. Debeu formar parte da flora belga ata o século pasado, pero nunca o formou da de Italia (a pesar dos textos de Plinio o Vello e doutros autores antigos). Por contra atópase nos Balcáns (antiga Iugoslavia, Grecia, Kosovo, etc) ata Bulgaria e Suroeste de África. O contacto con a saiva de buxo pode provocar irritacións cutáneas. A cortiza, as follas e o froite é tóxica a súa inxesta pode, en fortes doses, provocar vómitos, vertixes, tremores e parálise espinal.

A súa madeira, compacta, dura, flexible e duradeira, foi moi demandada e empregada para elaborar ferramentas.

Nos xardíns o buxo (Buxus sempervirens) emprégase a miúdo a xeito de sebe, mesmo tallado e en figuras. É a base da chamada arte topiaria.

[editar] Enfermidades

O buxo padece o ataque do fungo Pseudometria rousseliana, que produce o chamado cancro do buxo, caracterizado por pústulas de cor rosado ou vermello vivo en follas e pólas; disminúe marcadamente o vigor da planta, e pode aínda chegar a matala. Utilízanse preparados de cobre para combatelo.

Outros fungos que o afectan son Mycosphaerella patouillardi, que provoca a caída das follas, manifestándose con pintas brancas persistentes; a Phyllosticta buxina, mostra síntomas similares á cancrose dos cítricos; a Phytophthora cinnamomi, afecta a raíz de maneira incurábel.


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -