Briareo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Do grego "forza".
Hecatónquiro, xigante de cen brazos e cincuenta cabezas, fillo de Urano e Gaia,e irmán de Coto e Gixes. Liberados por Zeus da prisión de Urano e Cronos, axudárono na Titanomaquia. Nesta batalla, foi chamado por Thetis para liberar a Zeus das cadeas de Hera, Atenea e Poseidón.
Casou con Cimopolea, e construíron o seu palacio no río Océano, tiveron unha filla chamada Oiolica.