Bornholm
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Bornholm é unha illa dinamarquesa situada no Mar Báltico, ao leste de Dinamarca entre a costa sur de Suecia e Polonia. A illa de Bornholm, xunto a pequena illa de Ertholmene situada 18 km ao noroeste, conforman un concello rexional pertencente á Rexión Hovedstaden, unha das cinco rexións nas que se atopa dividido o país.
No ano 2007 a illa tiña unha poboación de 43.040 habitantes e unha superficie de 588,53 quilómetros cadrados.
Estratexicamente localizada no Báltico, Bornholm foi controlada por Dinamarca a maior parte da súa historia, aínda que tamén formou parte de Suecia e Lübeck. As ruinas do castelo de Hammershus no extremo noroeste da illa garda testemuño da súa pasada importancia. As principais industrias da illa son a pesca, a cerámica, a fabricación de reloxos e os produtos lácteos. O turismo é importante durante os meses do verán. Un dos maiores atractivos da illa son as súas catro igrexas redondas.