See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Betelgeuse - Wikipedia

Betelgeuse

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Imaxe de Betelgeuse tomada dende o telescopio Hubble
Imaxe de Betelgeuse tomada dende o telescopio Hubble

Betelgeuse, tamén chamada α Orión, é unha grande estrela vermella na constelación de Orión. É a décima estrela máis brillante no ceo, unha superxigante vermella. A cor característico desta estrela provén das baixas temperaturas do seu exterior (uns 3000º K) e amosa que a estrela agotou xa a maior parte do combustible nuclear que lle proporciona a súa enerxía (fusión do hidróxeno), polo que se atopa ao final da súa vida. As súas variacións de luminosidade indican tamén que atópase alonxada da secuencia principal.

Betelgeuse e unha estrela xigante, razón pola que o seu brillo é tan elevado a pesares de atoparse a unha temperatura relativamente baixa. Sen embargo, e a pesares de ser a estrela α de Orión, non é a máis brillante, sendo Rigel, coñecida como β Orionis a estrela máis brillante da constelación.

[editar] Características

Betelgeuse é unha estrela xigante vermella, e unha das maiores estrelas coñecidas, sendo de grande interese para a astronomía. O diámetro angular de Betelgeuse foi medido pola primeira vez en 1920-1921 por Michelson e Pease, sendo unha das cinco primeiras a seren medidas usando un interferómetro no telescopio de 100 polegadas do Observatorio de Monte Wilson. Seu diámetro varía entre 500 e 900 veces o do Sol. No diámetro máximo, a estrela seria maior que a órbita de Saturno, se colocada no lugar do Sol. Apesar de ser apenas 15 veces máis masiva que o Sol, é cerca de algunhas decenas de millóns de veces maior en volume, como unha bola de futbol comparada a un grande estadio de futbol. Sua proximidade de Terra e seu enorme tamaño, fai dela a estrela co terceiro maior diámetro angular, con vista da Terra [1], menor apenas que o Sol e R Doradus. É unha das 12 estrelas cuxo brillo real os telescópios actuais poden visualizar.

[editar] Supernova

Os astrónomos prevéen que Betelgeuse pode pasar por unha explosión supernova tipo II. Porén, as opinións están divididas canto ó momento en que isto pode ocorrer. Algúns suxiren que a variabilidade actual é un sinal de que xa está na fase de queima de carbono de seu ciclo de vida, e debe sufrir unha explosión supernova aproximadamente nos próximos mil anos. Outros escépticos discordan dese punto de vista e afirman que a estrela debe sobrevivir moito máis tempo. Hai consenso sobre o feito de que a supernova sería un evento astronómico espectacular, pero non significaria ameaza para a vida na Terra, dada a enorme distancia da estrela. A estrela volveríase polo menos 10000 veces máis brillante, o que significa un brillo equivalente ó dunha lúa crescente. Alguns cren que pode chegar ó brillo de unha lúa chea (mv = -12.5). Ese fenómeno duraría algúns meses, parecendo unha pequena lúa chea da cor dunha lámpada incandescente á noite e facilmente visible durante o día. Logo dese período a estrela apagaríase gradualmente ata que tras algúns meses ou anos desapareza completamente e Orión perda o ombro esquerdo.


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -