See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Beowulf, poema - Wikipedia

Beowulf, poema

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Beowulf.
Primeira páxina do poema Beowulf.
Primeira páxina do poema Beowulf.

Beowulf é o heroe do poema épico anglosaxón homónimo, que foi escrito en inglés antigo en verso aliterativo. Con 3.182 versos, contén moito máis material que calquera obra similar en seu mesmo idioma, e representa arredor do 10% do corpus existente do verso anglosaxón.

O único manuscrito que se conservou data do século IX ou X. Aínda que o poema non ten título no manuscrito, chamáronlle Beowulf desde principios do século XIX.

A súa importancia é equiparábel á do Cantar dos Nibelungos, do Cantar de mío Cid, do Cantar de Roldán ou do Lebor Gabála Érenn (Libro das Conquistas de Irlanda). Estímase que o poema se redactou na primeira metade do século VI, aínda que este tema é obxecto de debate. A acción que narra sitúase nos séculos V-VI.

Ten dúas grandes partes: a primeira acontece durante a mocidade de Beowulf, e narra como acode en axuda dos daneses ou xutos, que sufrían os ataques dun xigante (Grendel), e tras matar a este, enfróntase á súa nai; na segunda parte Beowulf xa é o rei dos gautas e pelexa ata a morte cun dragón.

Índice

[editar] Argumento

[editar] Primeira parte

Unha aproximación ás rexións centrais das tribos mencionadas no Beowulf. A área vermella é Västergötland (a rexión nuclear de Geatland), a área amarela é o territorio que gobernaban os wulfingas, á área rosa é o territorio dinamarqués. A área verde é o territorio dos suecos. A área azul representa a terra dos xutos, mentres que a área laranxa pertence aos frisios.
Unha aproximación ás rexións centrais das tribos mencionadas no Beowulf. A área vermella é Västergötland (a rexión nuclear de Geatland), a área amarela é o territorio que gobernaban os wulfingas, á área rosa é o territorio dinamarqués. A área verde é o territorio dos suecos. A área azul representa a terra dos xutos, mentres que a área laranxa pertence aos frisios.
Chegada de Beowulf a Dinamarca
Chegada de Beowulf a Dinamarca

Desenvólvese en Dinamarca, onde o espléndido palacio de Heorot se ve asolado polos mortais asaltos do xigante-troll Grendel, que se ensaña cos criados e guerreiros do rei Hrothgar, devorándoos.

Inesperadamente, preséntase no palacio o mozo Beowulf, príncipe dos gautas de Gëatlantt (Suecia meridional), cun grupo dos seus partidarios e ofrece ao monarca destruír ao monstro. A primeira impresión de Hrothgar é de escepticismo fronte ás pretensións do descoñecido heroe, pero recíbeo xentilmente e ao cabo dun espléndido banquete, encoméndalle a tarefa ao recén chegado.

Grendel regresa esa mesma noite a Heorot, derruba as súas sólidas portas e devora a un dos guerreiros gauta. Beowulf é espertado polo rebumbio e acode en axuda da garda, trabándose en loita corpo a corpo co monstro, que só pode liberarse da súa presa perdendo a cambio un dos seus brazos e fuxindo mortalmente ferido. Beowulf pelexa sen armas.

[editar] Segunda parte

Á mañá seguinte, todo é ledicia en Heorot, pero pola noite a nai de Grendel, moito máis monstruosa que o seu fillo, preséntase para o vingar. Mata a varios homes de Hrothgar e fere gravemente a cen deles.

Ao día seguinte, Beowulf segue seu rastro a través da pradería ata a súa cova, onde a atopa. Mátaa e corta o seu corpo e o cadáver de Grendel, retornando a Heorot cos seus trofeos.

[editar] Terceira parte

Transcorre no reino de Gëatlantt, onde un ancián Beowulf reinou por cincuenta anos despois de acontecer a Hygelac, morto en batalla. Na última etapa da súa vida, Beowulf disponse a se afrontar a un temíbel dragón, coa soa axuda do seu sobriño Wiglaf.

Un hábil e ousado ladrón logra penetrar na cova do dragón e rouba unha copa de prata incrustada de ouro e pedras preciosas, parte do inmenso tesouro que garda a besta. Enfurecido, o dragón asalta e destrúe a vila da ladrón, e mata a todos os seus habitantes.

Beowulf sae ao seu encontro para vingar á súa xente, pero a reacción do dragón asustou tanto aos seus súbditos que soamente Wiglaf se apresta para o acompañar. Despois dunha cruenta batalla, ambos logran acabar coa besta, pero Beowulf, gravemente ferido, encomenda ao seu sobriño se apoderar do tesouro e utilizalo para reconstruír o reino. Pasa o seu torque de ouro a Wiglaf, e confíalle o reino. Finalmente, Beowulf recibe un funeral viquingo: o seu corpo é colocado en barco funerario de madeira de carballo e impulsado mar adentro. O mesmo Wiglaf guinda unha lanza en chamas á balsa, incendiando os troncos, e o cadáver do monarca pérdese na distancia.

Outras versións afirman que foi enterrado segundo a súa vontade, nun montículo, a partir do que podía verse o mar e que levaría o seu nome.

[editar] Personaxes principais

  • Beowulf: Personaxe protagonista do poema épico anglosaxón homónimo, ambientado na Escandinavia medieval. Fillo adoptivo de Hygelac e posteriormente rei de Gëatlantt.
  • Grendel: Troll demoníaco que habitaba coa súa nai nunha cova nas marismas próximas a Heorot e que, ao inaugurarse a luxosa sala de Hrothgar, comezou a acosar aos nobres que se reunían alí, matándoos, ata se apoderar do pazo. Finalmente é morto por Beowulf nun combate individual sen armas.
  • Hrothgar: Rei de Heorot, é o segundo de tres irmáns (os outros dous son Heorogar e Faga). O seu nome significa "Lanza veloz".
  • A nai de Grendel: descrita no poema como unha "troll femia", aínda que na mitoloxía escandinava todos os trolls son andróxinos. É morta por Beowulf en combate senlleiro no fondo dunha poza na cova onde habitaba con Grendel.
  • Wiglaf: sobriño de Beowulf, asístelle na súa batalla co dragón. Á morte de Beowulf, este dálle en herdanza o seu torque de ouro e encoméndalle o reino de Gëatlantt.

[editar] ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:


[editar] Adaptacións cinematográficas

Beowulf El Guerrero: Christopher Lambert 1999


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -