Benidorm
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Benidorm é un concello situado no surleste da Península Ibérica, na provincia de Alacante (España), a só 40 kilómetros da capital, en plena costa mediterránea.
Segundo datos de 2005 conta con 67.492 habitantes, aínda que se calcula unha poboación aproximada de 100.000 habitantes durante a meirande parte do ano debido ó gran número de estranxeiros non censados. Benidorm é unha cidade eminentemente turística grazas o seu clima e temperaturas medias, que varían ó longo do ano entre os 12ºC no inverno e os 28ºC ós que se chega no verán.
O atractivo de Benidorm baséase nas súas tres praias con 'bandeira azul', máxima distinción que outorga a Unión Europea. Estas tres praias son: Levante, Poniente e Mal Pas. Benidorm é tamén coñecida por ter un animado e variado ambiente nocturno.
Índice |
[editar] Demografía e urbanismo
Benidorm experimentou nos últimos anos unha transformación urbanística extraordinaria, que fixo que a súa poboación pasara dos 5.000 habitantes a finais da década dos 50, ata chegar á cifra actual.
Por outra banda, Benidorm é a localidade con máis rañaceos por habitante do mundo e a segunda en relación ó número deles por metro cuadrado, despois de Manhattan. O maior edificio de España, o Hotel Bali III, atópase en Benidorm. Tamén deu comezo a construción do edifico residencial máis alto de Europa (200 m.).
Evolución da poboación de: Benidorm desde 1857 ata 2005 | |||||||||||
1857 | 1887 | 1910 | 1930 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | 1996 | 2001 | 2005 |
3.720 | 3.181 | 3.498 | 3.113 | 2.726 | 6.259 | 12.124 | 25.544 | 42.442 | 50.040 | 51.873 | 67.492 |
[editar] Historia
No término municipal atópanse restos íberos e romanos. Parece ser que no momento da Reconquista había unha alquería árabe na Partida de Lliriets; de calquer xeito, a poboación sería de pouca importancia, o nome de Benidorm aparece por vex primeira no Llibre del Feyts de Xaime I de Aragón, que conquistou esta parte da provincia de Alacante no ano 1245. As terras de Benidorm, e a meirande parte do resto da bisbarra, foron outorgadas ó almirante Bernat de Sarriá. Este importante señor feudal pode considerarse o verdadeiro fundador da ciudad, ó outorgar Carta Puebla a Benidorm o 8 de maio de 1325, creándo o castelo e a vila. A función deste documento era marcar os límites do término da nova poboación (que se separou así administrativamente da baronía de Polop), e tamén intentar atraer o establecimento exclusivo de familias cristiás. Estratexicamente, a orixe da vila debeuse ó medo imperante naquel tempo ó superior número de moriscos existentes na zona, e as posibles alianzas destes cos seus irmáns de relixión no Reino de Granada e no norte de África. En 1335 o señor territorial é o Infante Pedro de Aragón e de Anjou, seguido polo seu fillo Afonso de Aragón e de Foix. Posterioremte, Benidorm pasou a mans dos condes de Denia, volveu á coroa, e finalmente vendeuse ó nobre Ruy Díaz de Mendoza, debido as dificultades financieiras do monarca con motivo de conflitos bélicos que lle obrigaron a desprenderse de moitos dos seus señoríos.
A poboación sufreu dous terribles ataques piratas berberiscos, o primeiro en 1410 e o segundo en 1448, que asolaron a vila e o castelo. En concreto, no ataque de 1448, os piratas leváronse escravizados a meirande parte dos habitantes de Benidorm, coa resultante despoboación
No século XVI ampliouse e reparouse o castelo, pero a vila urbana, que voltara a pertencer á baronía de Polop, atopábase casi completamente despoboada.
A mellora das construcións defensivas e o establecemento, a partires de 1666, dunha acequia que podía aportar auga desde o interior da bisbarra permitiron atraer novos poboadores ó lugar. En 1701, por iniciativa aristocrática, outorgouse unha nova Carta de poboación á vila, que volveu a ser municipalmente independente.
En 1715 Bendidorm contaba cuns 216 veciños, cifra que aumentou a 2.700 a finais do século XVIII. Esta forte expansión demográfica puidose realizar grazas, esencialmente, a unha importante actividade pesqueira baseada na pesca con almadraba (pesca de atúns durante a súa viaxe de migración, mediante dun cerco de redes), na que os seus habitantes se especializaron.
Na guerra de independencia española, as tropas napoleónicas profanaron o cemiterio y destruiron o castelo.
Durante o século XIX continuou o crecemento e comezaron tímidas aventuras turísticas como a inauguaración do Balneario de la Virgen del Sufragio. Aínda que nos anos posteriores melloraron as comunicacións con Alacante e con Madrid, os demais sectores económicos non estaban pasando polo seu mellor momento, a mariña mercante entraba en crise pola pérdida das últimas colonias españolas de ultramar en 1898 (Cuba, Puerto Rico e Filipinas) e pouco despois o boom da agricultura da vide (viño e uvas pasas) arruinouse coa chegada dun parasito da vide a comezos do século XX. Esta desaceleración económica foi unida a unha certa emigración a Cuba, ó barrio marítimo de Barcelona e a costa de Cádiz.
Durante estes anos, produciuse a ampliación do porto e, en 1925, a construción dos primeiros chalets na Praia de Levante. Trala Guerra civil española, pouco a pouco fóronse recuperando as actividades socioeconómicas, coa pesca como ramo productivo máis destacado. Nembargantes na década dos 50 déronse os pasos para producir unha verdadeira transformación. Por unha banda, en 1952, pechouse por baixo rendemento nas capturas a Almadraba máis importante, algo traumático para moitas familias. O mesmo tempo en 1956 o Concello aprobaba o ordenamento urbanístico da vila para crear unha cidade concebida para o ocio turístico baseada en rúas ben trazadas e amplas avenidas seguindo a configuración das praias. A partir dese momento, produciuse un forte desprazamento das actividades tradicionais (pesca e agricultura) ó sector servizos orixinado polo turismo, que se converteu na base da prosperidade da cidade. O turismo español comezou a compartir o espazo cos visitantes doutras partes de Europa, primeiro chegados cos seus vehículos e máis adiante, coa apertura do aeroporto de Altet en 1967, cun importante número de extranxeiros chegados en voos charter. Actualmente, Benidorm é unha das primeiras cidades turísticas de toda a costa mediterránea.
[editar] Festas e celebracións
Benidorm é unha cidade na que as festas adquiren un especial protagonismo. As festas patronais, en honor á virxe do Sufraxio e San Xaime Apóstolo, xunto con numerosas celebracións ó longo de todo o ano, son un atractivo importante para aqueles que a visitan. Teñen comezo en novembro, de sábado a martes a partires do segundo domingo do mes. Tamén se celebran Fallas, en marzo, Fogueiras de San Xoán en xuño e, en outubro, a festa de Moros e cristiáns.
Un dos acontecementos máis coñecidos de Benidorm é a celebración anual, desde 1954, do Festival Internacional de la Canción.
[editar] Parques temáticos e de atraccións
Dentro da grande oferta de ocio de Benidorm, destacan os seus parques temáticos e de atraccións:
- Terra Mítica: un dos grandes parques temáticos de España, está inspirado nas distintas civilizacións que habitaron o Mediterráneo.
- Aqualandia: atraccións de auga (tobogáns, rápidos...).
- Mundomar: parque de observación de animais.
- Benidorm, Vacation Information