Baskir
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Baskir (Башҡорт теле) | ||
---|---|---|
Pronuncia: | Bašqort tele | |
Falado en: | Rusia, Usbequistán, Casaquistán | |
Rexión: | Bashkortostán | |
Total de falantes: | 1.047.000 | |
Clasificación xenética: | Altaica (discutida) túrquica Túrquica do Norte Baskir |
|
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | ba | |
ISO 639-2: | bak | |
ISO/DIS 639-3: | bak |
O Baskir, lingua baskir ou idioma baskir é unha lingua túrquica.
[editar] Falantes
O censo de 1989 declaraba que había 1.047.000 falantes nativos da lingua baskir vivindo na URSS. Outros 26.737 dicían que o baskir era a súa segunda lingua. Aproximadamente 300.000 baskires declararon que o tártaro era a súa lingua nativa.
A maioría dos falantes do baskir habitan na república rusa de Bashkortostán, así como nos veciños Tartaristán e Udmurtia. Un número sustancial de falantes viven no Krai de Perm e en Chelyabinsk, Oremburgo, Sverdlovsk e óblast de Kurgan. Existen importantes minorías baskires en Casaquistán e Usbequistán.
[editar] Alfabeto e dialectos
Inda que os baskires eran orixinariamente tribos úgricas ou finesas, adoptaron a lingua bolgar. Tra-la invasión mongola de Rusia, o kypchak fíxose máis habitual, xe que era o idioma falado po-la maioría das tribos da Horda Dourada.
O baskir moderno, do mesmo modo que o tártaro, que é similar, toma as súas raices do grupo de linguas kypchak. Hoxe en día o idioma ten moitos dialectos, que son moi similares ó tártaro. No pasado, os baskires usaban o tártaro coma lingua escrita. No século XV foi substituido po-lo Chagatay (porén, segundo algúns historiadores, foi substituido po-la variante tártara antiga do Chagatay), que se utilizou ata 1923. Tanto o tártaro coma o chatay usaban a escritura árabe.
En 1923, creouse un sistema escrito para a lingua baskir. Tamén se creou unha linguaxe literaria propia. Ó principio utilizouse un alfabeto árabe modificado. En 1930 foi substituido por un alfabeto baseado no latino, que á súa vez foi reemplazado por un alfabeto adaptado do cirílico en 1938.
O alfabeto utilizado polo baskir é o mesmo que o alfabeto ruso, co engadido das seguintes letras: Ә ә Ө ө Ү ү Ғ ғ Ҡ ҡ Ң ң Ҙ ҙ Ҫ ҫ Һ һ.