See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Bandeira de Grenlandia - Wikipedia

Bandeira de Grenlandia

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

 Flag Ratio: 2:3
Flag Ratio: 2:3

A bandeira de Grenlandia foi deseñada polo nativo grenlandés Thue Christiansen. Representanse nela dúas bandas horizontais branca (enriba) e vermella, cun grande dico levemente movido a pouco do centro. A parte superior do disco é vermella, e a inferior branca. A bandeira enteira mide 12 por 18 partes; cada banda mide 6 partes; o disco é dun diámetro de oito partes, horizontalmente desviado 7 partes respecto ó centro, e centrado verticalmente.

O seu nome local en grenlandés é Erfalasorput, que significa "a nosa bandeira", pero Aappalaartoq (que significa "a vermella") é tamén empregada, tanto para a bandeira danesa como para a bandeira grenlandesa. Hoxe en día os grenlandeses colocan tanto a Erfalasorput como a Dannebrog, usualmente a carón unha da outra.

Grenland tivo a idea dunha bandeira propia por vez primeira en 1973 cando cinco grenlandeses propuxeron unha bandeira verde, azul e branca. Ó ano seguinte, un xornal solicitou once propostas de deseño (todas pero que unha fose unha cruz nórdica) e preguntoulle á xente para ver cal era a máis popular. A Dannebrog foi a preferida pola grande maioría. De pouco valeu ese esforzo.

En 1978, Dinamarca deulle o autogoberno a Grenlandia, facendo dela un membro en pleno dereito do Reino de Dinamarca. O goberno autónomo fixo unha chamada oficial para propostas de bandeiras, recibindo 555 (das cales 293 foron enviadas por grenlandeses).

Unha bandeira de cruz nórdica proposta.
Unha bandeira de cruz nórdica proposta.

O comité encargado de tomar a decisión non atopou consenso e fíxose unha nova chamada. Finalmente a actual bandeira deseñada por Christiansen gañou por unha estreta marxe a unha bandeira branca e verde coa cruz nórdica con 14 votos fronte a 11. A bandeira de Christiansen foi adoptada oficialmente o 21 de xuño de 1985.

En honor ó décimo aniversario da Erfalasorput, a Oficina de Correos de Grenlandia lanzou selos conmemorativos e un folleto do seu autor. El describiu a banda branca representando os glaciares e a capa de xeo, que cubre máis do 80% da illa; a banda vermella, o océano; o semicírculo vermello, o sol, coa súa parte de abaixo afundida no océano; e o semicírculo branco, os icebergs e placas de xeo. O deseño lembra tamén a unha posta de sol.

[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -