Bamaco - Bamako
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Bamaco (Bamako en francés e Bamakɔ en bambara) é a capital de Malí, localízase no suroeste do país, na ribeira do río Níxer, a cidade é o centro administrativo e comercial e con 953.600 (2004) é a cidade máis grande de Malí.
[editar] Historia
A área onde se asenta Bamaco está habitada dende o paleolítico, segundo a tradición fundárona os xefes bambaras Seribadian Niaré e Soumba Coulibaly no século XVII, a cidade foi un importante centro comercial e de estudo islámico, posteriormente decaeu e a fins do XIX apenas tiña 800 habitantes. En 1883 os franceses ocuparon Bamaco e en 1908 convértese na capital do Sudán francés e ao obter Malí a independencia en 1960, Bamaco convértese na súa capital.