Balduíno I de Bélxica
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Rei de (país): | Bélxica |
---|---|
Duración do reinado: | 17 de xullo de 1951-31 de xullo de 1993 |
Predecesor: | Leopoldo III de Bélxica |
Sucesor: | Alberte II de Bélxica |
Data de Nacimento: | 7 de setembro de 1930 |
Local: | Laeken, Bélxica |
Faleceu en: | 31 de xullo de 1993 |
Local: | Motril, España |
Balduíno I (Baudouin/Boudewijn Albert Charles Leopold Axel Marie Gustave) foi o rei dos belgas desde 1951 até 1993. Fillo de Leopoldo III de Bélxica e da súa primeira muller, a princesa Astrid de Suecia, naceu o 7 de setembro de 1930 no castelo de Stuyvenberg, en Bruxelas.
[editar] Acensión ó trono
O 1 de agosto de 1950 o rei Leopoldo III e o Parlamento aprobaron unha lei delegando os poderes reais a Balduíno, que os asumiu como príncipe o 11 de agosto do mesmo ano. O 17 de xullo de 1951 un día tras a renuncia de seu pai, Balduíno asumiu o trono como rei da Bélxica.
Parte da impopularidade de seu pai debeuse a ter casado secretamente con Mary Lilian Baels, unha inglesa que non pertencía a unha liñaxe real. E parte tamén terse rendido diante da invasión da Bélxica por tropas alemáns en 1940. Estes dois factores produciron desgaste na imaxe do rei Leopoldo III, levando á súa abdicación.
[editar] Casamento e reinado
O 15 de decembro de 1960 casou coa española Fabiola de Mora y Aragón, sendo a súa a primeira voda real retransmitida por televisión. Este matrimonio non tivo descendencia, polo que a liña sucesoria pasou ao seu irmán Alberte, actual rei dos belgas. Balduíno morreu o 31 de xullo de 1993 en Motril, España.
Durante o seu reinado, o Congo Belga tornouse independente, e o rei persoalmente participou nas festividades de independencia.
Reis dos Belgas | ||
---|---|---|
Segue a: Leopoldo III de Bélxica |
Balduíno I de Bélxica | Precede a: Alberte II de Bélxica |
Saxe-Coburg-Gotha |