See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Avelino Pousa Antelo - Wikipedia

Avelino Pousa Antelo

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Avelino Pousa Antelo (Barcala, 14 de maio de 1914) é un mestre, agrarista, político e escritor galego. É o actual presidente da Fundación Castelao.

Naceu na aldea de Arzón[1], de onde procedía súa nai mentres seu pai, comerciante itinerante, procedía do Carballiño. Estudou no seminario de Santiago de Compostela cinco anos[2]. Pousa Antelo asitiu o 10 de maio de 1931 ao mitin de promoción galega que se realizou no Teatro Principal de Santiago e no que participaron os principais líderes galeguistas, segundo as súas propias declaracións[3] ese feito, e en especial o discurso de Castelao, marcouno politicamente, achegándose ao galeguismo. Tras saír do seminario ingresou na Escola Normal para realizar estudos de maxisterio, ao tempo que militaba nas Mocedades Galeguistas e comezaba a escribir os seus primeiros artigos para La Voz de Barcala. En 1936 aprobou as oposicións de maxisterio pero a Guerra Civil impediulle que collese praza ao anular o réxime franquista as oposicións. Estudou na Misión Biolóxica de Galicia e desde 1948 dirixiu a Escola Agrícola de Granxa Barreiros, fundada por Antonio Fernández López, na que se organizaba cursiños de formación agropecuaria para mestres do rural. Entre 1955 e 1960 foi mestre e Técnico Agrícola do Laboratorio do Cabido Insular na Orotava en Tenerife[4]. En 1960 traballou brevemente en Galicia para unha empresa de semente ata que obtivo un traballo en Zaragoza como director dunha empresa cooperativa gandeira. En 1970 volve a Galicia como mestre en Pontecesures. Coa caída de Franco, Pousa Antelo sumouse ás iniciativas para revivir o vello Partido Galeguista, e en 1978 participou na constitución do novo Partido Galeguista do que foi elixido secretario xeral e pouco despois presidente ata 1983. Participou na constitución e foi un dos principais artífices do Patronato do Pedrón de Ouro[5].

[editar] Obras

  • Temas de agricultura , Lugo, 1951
  • Cooperativa de explotación comunitaria para unha parroquial rural galega, Vigo, 1968
  • ¿Valen ou non as cooperativas de esplotación comunitaria para o campo galego?, Vigo, 1971
  • A escola agrícola da granxa Barreiros, Sada, 1988
  • Fiestra, Santiago de Compostela, 1992
  • Galicia, tarefa urxente, Barcelona, 1992
  • O entroido en Perruscallos, Silleda, 2002

[editar] Notas

  1. Por Castelao fíxenme galeguista de por vida
  2. Avelino Pousa Antelo en Galiciaaberta.com
  3. Discurso de Pousa Antela no acto de imposición da Insignia de Ouro da USC
  4. Ficha de Pousa Antelo na Biblioteca Virtual Galega
  5. Diccionario da Literatura Galega, vol. I, páx. 483, Vigo, 1995


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -