See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Federación de Mocedades Galeguistas - Wikipedia

Federación de Mocedades Galeguistas

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

A Federación de Mocedades Galeguistas foi a organización xuvenil do Partido Galeguista, que se constituiu en xaneiro de 1934, agrupando a diferentes mocidades galeguistas locais que se formaran dende 1932. Contaba con arredor de 1.000 afiliados, tiña como órgano de expresión Guieiro, e entre os seus dirixentes estiveron Xaime Illa Couto, Celso Emilio Ferreiro, Xosé Velo ou Ramón Piñeiro.
Dentro da FMG o independentismo contou con moita máis aceptación que entre o PG e así na súa III Asemblea (maio de 1936) 331 membros votaron polo arredismo e 439 en contra. Tamén se decidiu nesta asemblea mudarlle o nome á organización, pasando a denominarse Federación de Mocedades Nacionalistas.

[editar] Historia

As mocedades galeguistas locais estaban vencellas ás agrupacións locais do Partido Galeguista pero apenas mantiñan contactos entre si. Foi Xaime Illa Couto, o secretario xeral da Mocedade Galeguista de Vigo, o primeiro que fixo un chamamento para constituír unha Unión de Mocedades Galeguistas nun escrito aparecido en setembro de 1933 e do que se fixo eco A Nosa Terra, ao pouco tempo recibiu o apoio do resto das mocedades galeguistas espalladas polo país, a constitución formal foi coincidindo coa III Asemblea do Partigo Galeguista en Ourense, o 13 de xaneiro de 1934. A primeira Asemblea celebrouse en maio en Ourense, nela resultou elixido Francisco Fernández del Riego o seu secretario xeral. Xaime Illa Couto, Xosé Luís Fontenla e Xoán Lois Ramos Colemán completaban a Secretaría Executiva. A II Asemblea tamén se celebrou en Ourense en abril de 1935, Xosé Velo pasou a ser o secretario xeral. Celso Emilio Ferreiro, Vicente Bóveda e Xosé Nogueiras completaban o directorio da organización, durante a súa dirección celebrouse o que foi a concentración máis numerosa das organizada pola FMG, celebrada en Celanova o 13 de outubro de 1935 e á que segundo o órgando da FMG, Guieiro, asistiron 4000 persoas. Na III Asemblea celebrada en maio de 1936 apróbanse uns novos Estatutos pero a Guerra Civil española impediu que se elixira a nova dirección.

[editar] Estrutura orgánica

O máximo órgano da FMG era a Asemblea Xeral (denominada Asemblea Nacional nos Estatutos de 1936) que se celebraba cada ano, era a encargada de elaborar o programa da organización e elixir os membros do Consello Nacional, que era o órgano directivo e o responsable de executar os acordos da Asemblea, tamén tiña a competencia para designar o representante da FMG no Consello do Partido Galeguista. A Secretaría Executiva era o órgano de goberno da FMG, compúñase de catro secretarios: Secretario Xeral, Secretario de Organización, Secretario Técnico e Secretario de Propaganda. Nos Estatutos de 1936 o Consello Nacional a Secretaría Executiva vanse unir nun só órgano, o Consello Executivo Nacional conformado polos sete secretarios xerais de cada unha das zonas nas que a FMG dividira Galicia.

[editar] Bibliografía

  • Arximiro Rojo, As Mocedades Galeguistas, Vigo, 1987
Outras linguas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -