Auga destilada
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A auga destilada é aquela á que se lle elimina practicamente a totalidade de impurezas e ións mediante a destilación (a auga chega ó seu punto de ebulición e recóllense os seus vapores, condensándoos). Unha montaxe típica de laboratorio para levar a cabo a destilación consta dun matraz, un tubo refrixerante e outro matraz para recoller o destilado.
[editar] Propiedades
Debido á súa relativamente elevada pureza, algunhas propiedades deste tipo de auga son significativamente diferentes ás da auga de consumo diario. Como exemplo podemos indicar que a conductividade da auga destilada é notablemente menor que a da auga da billa común, ao carecer de moitos ións que contribúen á conductividade, tipicamente cloruros, calcio, magnesio e fluoruros.
Unha propiedade potencialmente perigosa da auga destilada é que pode ser quentada nun forno de microondas por encima do seu punto de ebulición sen ferver. Só cando esta auga sobrequentada é axitada violentamente ou se lle engaden impurezas coma partículas de pó ou cristais (por exemplo de cloruro sódico ou azucre), ferve de forma repentina e explosiva, podendo causar queimaduras. Pero este comportamento é aplicable a calquera líquido ou disolución que estea libre de impurezas macroscópicas, debido á ausencia de centros de nucleación que serven para iniciar a ebulición dunha forma progresiva e evitar o sobrequencemento.
[editar] Véxase Tamén
- Auga
- Auga desionizada