Ascanio
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ascanio, na mitoloxía grega, era o fillo de Eneas e Creusa. Despois da Guerra de Troia, Ascanio fuxiu ao Lacio (Italia) co seu pai e loitou nas guerras itálicas. Segundo Virxilio foi o primeiro rei de Alba Longa, na que naceron Rómulo e Remo, os fundadores de Roma.
Coñecido, na mitoloxía romana, como Iulus, do seu nome provén a Gens Iulia (a familia Iulia).