Arturo Noguerol
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Arturo Noguerol Buján (6 de maio de 1892 - 12 de setembro de 1936) foi un intelectual galeguista.
Naceu en Ourense e licenciouse en dereito, amigo de Vicente Risco participou na publicación La Centuria que foi de vital importancia para o paso dunha xeración de intelectuais ourensáns ao galeguismo das Irmandades da Fala que daría orixe á Xeración Nós, colaborou na revista Nós e n'A Nosa Terra. Secretario do concello de Serantes foi detido, oficialmente por propalar noticias tendenciosas, tras o alzamento do exército no ano 1936 foi paseado aparecendo o seu corpo nun foxo da estrada de Ferrol.