See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Arte xaponesa - Wikipedia

Arte xaponesa

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Estatua de bronce de  Amida Buddha en Kotokuin en Kamakura (1252 CE)
Estatua de bronce de Amida Buddha en Kotokuin en Kamakura (1252 CE)

A Arte xaponesa abarca un amplo abanico de estilos e medios artísticos, incluindo a antiga cerámica, escultura en madeira e broce, pintura en tinta en papel de seda, e moitos outros tipos de traballos artísticos. Ten tamén unha longa historia, que vai dende os primeiros asentamentos no Xapón, ao redor do décimo milenio antes da nosa era, até o presente.

Historicamente, o Xapón foi obxecto de repentinas chegadas de novas ideas do exterior, seguidas de longos periódos de contacto mínimo co resto do mundo. Co tempo os xaponeses desenvolveron a habilidade de absorber, imitar, e finalmente asimilar eses elementos de cultura estranxeira que complementaban as súas preferencias estéticas. O primeiro arte complexo no Xapón foi producido nos séculos VII e VIII despois de Cristo, en conexión co Budismo. No século IX, a medida que os xaponeses comezaron a alonxarse da China e a desenvolver formas de expresión indíxenas, as artes seculares foron gañando importancia; até o século XV, tanto a arte relixiosa como a secular floreceron. Despois da Guerra Ōnin (1467-1477), o Xapón entrou nun período de convulsión política, social e económica que durou un século. No estado que emerxeu baixo o liderazgo do Xogunato Tokugawa, a relixión organizada xogou un papel moito menos importante na vida das persoas, e as artes que sobreviveron foron principalmente seculares.

A pintura é a expresión artística preferida no Xapón, practicada por aficionados e profesionais por igual. Até tempos modernos, os xaponeses escribían con pincel, no lugar da pluma, e a súa familiaridade coas técnicas do pincel os fixo particularmente sensibeis aos valores e estética da pintura. Co incremento da cultura popular no período Edo, un estilo de impresións con selos de madeira chamado ukiyo-e se convertíu nunha forma de arte importante e as súas técnicas eran perfectas para produciren impresións coloridas de todo, desde noticias diarias a novos libros escolares. Os xaponeses, neste período, encontraron a escultura como un medio menos idoneo para a expresión artística; a maioría da escultura xaponesa está asociada coa relixión, e a súa realización decaeu coa perda de importancia do Budismo tradicional.

A cerámica xaponesa encóntrase entre as máis preciadas no mundo e inclúe os primeiros artefactos coñecidos da súa cultura. Na arquitectura xaponesa, os xaponeses preferencian os materiais naturais e a interacción entre o espazo interior e o exterior se expresa claramente.

Hoxe en día, o Xapón rivaliza coa maioría das outras nacións desenvolvidas na súa contribución ao arte contemporáneo, moda e arquitectura, con creacións verdadeiramente modernas, globais e multiculturais.


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -