Arsenopirita
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Arsenopirita | |
---|---|
Cristais de arsenopirita | |
Fórmula química: | FeAsS |
Clase: | Sulfuros |
Subclase: | |
Sistema cristalino: | Monoclínico (en cristais prismáticos) e rómbico |
Cor: | Grisácea |
Brillo: | Metálico |
Dureza: | 5,5-6 |
Fractura: | Irregular |
Exfoliación: | Perfecta |
Raia: | Gris escura |
Densidade: | 5,9-6,2 g/cm3 |
A arsenopirita (tamén chamada pirita arsenical ou mispíquel) é un mineral da clase dos sulfuros cuxa fórmula química é FeAsS e que cristaliza no sistema monoclínico.
Índice |
[editar] Aspecto
A arsenopirita aparece normalmente en forma de cristais dodecaédricos e prismáticos, aínda que tamén o fai en forma de masas amorfas. Son típicas as maclas por compenetración en forma de punta de lanza ou en forma es estrela (crecemento acicular). A súa cor é grisácea.
[editar] Lugares onde se atopa
Aparece con frecuencia en depósitos sulfurosos asociada a minerais como a pirita, a calcopirita, a pirrotina ou a siderita.
[editar] Usos da arsenopirita
Empléase a arsenopirita para a fabricación de aleacións metálicas e de vidro, en aplicacións médicas, en insecticidas, en pirotecnia e para a elaboración de pigmentos.
[editar] Outros sulfuros
Outros minerais nos que a presenza de xofre é destacada son:
A marcasita, a pirita, calcopirita, a pirrotina, a galena e o cinabrio.