Arandeira
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A arandeira (Vaccinium myrtillus) é un arbusto da familia das ericáceas.
De pequeno tamaño, entre 15 e 35 cm, medra en bosques, páramos e en zonas de montaña. As pólas, verdes, son triangulares e as súas flores, pequenas e verdosas, teñen os pétalos xunguidos formando un globo. As follas son ovais, dentadas e puntiagudas. Raramente cultivadas, o seu froito, o arando, recóllese das plantas bravas, sobre todo en Escandinavia e Polonia. O fruto, comestíbel e de cor morada, ten taninos, ácido cítrico, ácido málico e, o que é infrecuente, ácido benzoico. En Galicia atópase nos montes non explotados por riba de 700 m.
[editar] Nomes galegos locais
En Murellos, Santa Colomba, Allande, na Terra Eo-Navia chámase arandaneira, un caso raro de conservación do n intervocálico na nosa lingua.