Apollo 17
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Apollo XVII foi enviado ó espazo o 7 de decembro de 1972 por un foguete Saturno V, desde a plataforma 39 A do complexo de Cabo Kennedy, en Florida (EEUU). Coñeceuse oficialmente como AS-512 e foi o encargado de enviar os últimos astronautas á Lúa.
A tripulación do Apollo XVII estaba composta polo comandante Eugene A. Cernan, o piloto do módulo lunar e xeólogo Dr. Harrison H. Schmitt, chamado Jack, e o piloto do módulo de mando Ronald E. Evans.
A denominación das naves, privilexio do comandante, foi Challenger para o módulo lunar e America para o módulo de mando.
O comandante Gene Cernan foi o último ser humano que pisou a superficie da Lúa nos Montes Taurus, xunta o Cráter Littrow. O 19 de decembro aterraron en augas do Océano Pacífico, poñendo fin á misión.